- 23 Novembro, 2025
- 19:00
- Auditorio Municipal
Conmemoración do 25N.
Dirixida a público adulto.
Sinopse:
Dúas titiriteiras abren unha caixa de bonecas que en realidade é un baúl dos recordos. Arranca o conto. España, mil novecentos trinta e tantos. Ameniza o espectáculo a Banda de Música do Pobo (de calquera pobo). Entre o posto de churros e a caseta de anís comparece a procesión, o desfile, a comparsa. Pero trátase dun desfile dantesco de bonecas rapadas. A obra, sen dúbida parece un esperpento. Pero de Valle-Inclán non é. Melón Pelado propón unha viaxe iniciática cara lugares da historia non escrita nin contada, nin moito menos fotografada, para reflexionar sobre o propio feito da memoria do atopado.
https://butacazero.com/espectaculos/melon-pelado/
Haberá dúas sesións: unha ás 19 h e outra ás 20 h.
Entrada gratuíta con límite de aforo: 50 prazas por sesión
Pode reservarse praza a través do correo cultura@catoira.gal ou no teléfono 986 619 048 ata o venres 21 de novembro ás 14 h.
Terán preferencia na reserva de praza as persoas empadroadas en Catoira.
As prazas que queden libres iranse enchendo o día da función por orde de chegada.



