- 28 February, 2026
- 18:30
- Auditorio Municipal de Catoira
O Auditorio de Catoira acolle a pre-estrea da obra teatral “O monstro de cores” o vindeiro sábado.
A actuación é froito da colaboración entre o Concello e a compañía A Xanela do Maxín, que está a preparar estes días esta produción no Auditorio mediante unha residencia técnica.
Trátase dun espectáculo, baseado no popular libro de Anna Llenas, que se converte nunha viaxe chea de cores, música e xogo, onde as nenas e nenos, xunto coas súas familias, descubrirán que as emocións son amigas que hai que coidar e entender.
A partir de 2 anos I 45 minutos
Entrada de balde ata completar aforo.

