• 19 Novembro, 2023
  • 19:00
  • Auditorio Municipal de Catoira
O domingo 19 de novembro, ás 19:00 horas, a compañía teatral Olivas Negras estará no Auditorio Municipal de Catoira coa produción “Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva”.
SINOPSE:
Chegan as próximas badaladas de fin de ano. Atopámonos ante un espello no que mirarse, cuestionarse, quererse… Dúas actrices en escena, dúas mulleres nas que reflectirse a través das súas fraquezas e virtudes. Un mosaico de complicidades a través do tempo… e algún que outro conflito tamén. Unha historia de autosuperación e empoderamento feminino. Un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica – subversiva, no que o espectador terá tamén ocasión de observarse e viaxar con elas na procura duns soños tan anhelados como a última oliva do prato.
Esta actuación, incluída na programación de conmemoración do 25N, está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro do programa “Tornar ás táboas”. A entrada será gratuíta e libre ata completar aforo.
Top