- 18 Xaneiro, 2026
- 18:00
- Auditorio Municipal de Catoira
O domingo 18 de xaneiro ás 18 h, o Auditorio de Catoira acolle a obra “Berenguela na gaiola”, das compañías Xope Tulú e Galeatro, baixo a dirección de Paula Carballeira.
Sinopse:
Nunha residencia de maiores, Berenguela rebélase contra a rutina e a perda de liberdade. Xunto a Aurora e Tomás, decide refuxiarse no teatro para volver xogar, lembrar e soñar. Unha historia chea de humor, tenrura e imaxinación sobre a infancia, a memoria e a liberdade, baseada na obra de Manuel María.
Público familiar | A partir de 6 anos
Entrada de balde ata completar aforo.

