• 11 Outubro, 2020
  • 18:00
  • Auditorio Municipal

Tabú é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversacións recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de mocidade.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

Elenco: Carmen Conde, Nastasia Zürcher e Susana Garrido

Reserva de entradas:

A entrada é gratuíta pero requírese reserva previa. As reservas poden realizarse ata as 14 horas do día 9 de outubro, a través do correo serviciossocialescatoira@gmail.com ou nos teléfonos 986546014 (ext.1) e 672129682, indicando o nome completo e teléfono. Poderán reservarse ata 6 entradas por unidade de convivencia, achegando os nomes completos de todas as persoas.

Normas de acceso:

Serán de aplicación as normas establecidas na lexislación vixente en cada momento.

Se presenta algún síntoma relacionado coa COVID-19 (tose, falta de aire, febre, etc.) non acceda ás instalacións.

Distancia de seguridade de 1,5 m. entre espectadores que non sexan conviventes.

Será obrigatorio o uso de máscara por parte dos espectadores en todo momento.

Desinfección de mans.

Ocupe a butaca que se lle asigne e non se levante agás en caso estritamente necesario.

Entrada e saída das instalacións de forma graduada mantendo a distancia de seguridade.

Limite o uso dos aseos.

Top