- 15 Marzo, 2026
- 19:30
- Auditorio Municipal de Catoira
A Escola Municipal de Teatro de Catoira leva de novo ao escenario do Auditorio Municipal a obra “SOMOS CHRISTOPHER”.
Unha montaxe de Tero Rodríguez que se estreou hai un ano, e baixo a dirección esta vez de Marta Pérez, pretende achegar o público á realidade das persoas con discapacidade, convidando a reflexionar sobre as eivas que todas/os temos e a adoptar actitudes respectuosas e inclusivas.
Entrada libre ata completar aforo.
Dirixida a público adulto.

