• 20 Abril, 2024
  • 18:00
  • Salón Teatro - Santiago
O Concello de Catoira participa nesta iniciativa impulsada polo Centro Dramático Galego e que permitirá a 25 persoas de Catoira dispor de transporte gratuíto para acudir á función “Os actos e profecías” que se representa o 20 de abril no Salón Teatro de Santiago.
A función, cun prezo bonificado de 3 €, comeza ás 18 horas. O autobús recollerá as persoas inscritas ás 16:00 h na marquesiña situada a carón do Concello, e a saída de Santiago será ás 20:30 h.
As persoas interesadas en asistir deben enviar un correo electrónico a cultura@catoira.gal indicando nome completo, teléfono e correo-electrónico ou chamar ao teléfono 986 619 048. O prazo de inscrición remata o día 18 de marzo.
A proposta está indicada para un público maior de 16 anos. As/os menores de 18 deben presentar unha autorización ou ir acompañados dunha persoa adulta.
Top