• 6 Outubro, 2024
  • 10:00
  • Casa do Concello
O Concello informa que, ante a previsión de chuvia para este domingo 6 de outubro, cancélase a “Ruta de Oeste”. Sentimos as molestias.
O Concello de Catoira abre a inscrición na ruta Goza do Ulla “Ruta de Oeste”.
DATA: Domingo 6 de outubro de 2024
HORA DE SAÍDA: 10:00
DISTANCIA: 10 Km.
DIFICULTADE: Baixa
LUGAR DE SAÍDA: Área recreativa Fonte Gaiteira, a carón da Casa do Concello de Catoira
INSCRICIÓN gratuíta:
Ou ben enviar os datos a través do correo cultura@catoira.gal (Nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono)
PRAZO: ata o 1 de outubro de 2024 (incluído)
Percorrido circular partindo da Fonte Gaiteira, seguiremos o sendeiro do Río Catoira ata a desembocadura no Muíño do Cura (de marea). Continuaremos polo borde do Ulla ata as Torres de Oeste, seguiremos por unha zona de brañas incluída na Rede Natura 2000. Visitaremos o núcleo rural As Rañas, e regresaremos ao punto de partida de novo polo sendeiro fluvial.
Proxecto subvencionado pola Deputación de Pontevedra a través do programa +Provincia.
Top