- 25 Novembro, 2023
- 20:30
- Auditorio Municipal de Catoira
Proxección no Auditorio Municipal de Catoira da curtametraxe “As tres caídas de María Santiso”, cun posterior coloquio. É un filme escrito e dirixido por Roberto Alvite e protagonizado por Lucía Veiga.
Esta comedia dramática aborda temas como a familia, o rural, o fogar e a muller.
SINOPSE: Como na casa en ningún sitio. María Santiso leva anos vivindo soa no seu fogar de toda a vida da aldea: é de conviccións fortes. Pero hoxe vai ter visita e as conviccións poden caer polo seu propio peso.
Entrada de balde ata completar aforo.
Actividade recomendada para maiores de 7 anos.