- 4 Abril, 2018
- 20:30
- Sala Celso Emilio Ferreiro (Edificio Multiusos)
ESTA TARDE PRESÉNTASE NO MULTIUSOS UN LIBRO SOBRE O NAUFRAXIO DO SANTA ISABEL
Dado o éxito da exposición sobre o naufraxio do transatlántico Santa Isabel, que acolle desde principios de marzo a sala Luís Seoane do Edificio Multiusos de Catoira, o Concello decidiu ampliar o prazo de apertura ata este mércores 4 de abril, cando se clausurará co acto de presentación do libro “Transatlántico Santa Isabel. El Titanic de las costas españolas”, do escritor e xornalista Celestino Viéitez.
A publicación recolle en máis de 600 páxinas, con 200 fotografías e 50 debuxos da época, unha compilación xornalística e xudicial sobre o afundimento do barco, ocorrido o 2 de xaneiro de 1921, e que provocou a morte de máis de 200 pasaxeiros fronte á Illa de Sálvora.