- 3 Xuño, 2022
- 21:00
- Sala Celso Emilio Ferreiro do Edificio Multiusos
FERNANDO SALGADO E JUAN OTERO PRESENTAN O VINDEIRO VENRES EN CATOIRA O LIBRO “PAPEL DE ESTRAZA”
O venres 3 de xuño, ás 21:00 h, preséntase na Sala Celso Emilio do Edificio Multiusos de Catoira o libro “Papel de estraza”, obra conxunta do xornalista Fernando Salgado e do polifacético arousán Juan Otero.
Como se desprende do título da obra, en alusión ao soporte no que se anotaron os nomes dos compoñentes daquel utópico goberno da Illa de Arousa, o libro ten como eixo central o sucedido na localidade arousá en outubro de 1934; estes sucesos son abordados polos autores facendo súa unha premisa básica do historiador: achegar o contexto.
Apoiándose no relato de como os avances tecnolóxicos chegan á Illa e como os conserveiros os utilizan nas fábricas, ao tempo que os mariñeiros e traballadoras da conserva viven na penuria, “Papel de estraza” ofrécenos un panorama da sociedade local, os seus lugares de diversión, as festas, as primeiras organizacións sindicais, etc.