• 27 Setembro, 2024
  • 20:00
  • Biblioteca Municipal de Catoira
A Biblioteca Pública de Catoira acolle a presentación do libro “La higuera yerma” de María de Xacobe.
Trátase dunha novela costumista e intimista, dividida en dous tomos; transcorre en Pontecesures durante os albores do século XlX. Está protagonizada por unha muller da época, sendo así mesmo unha novela na que se reivindica o papel feminino e ponse de manifesto a realidade na que vivían no pasado. Trata temas como a guerra da Independencia española, as convencións sociais da época e o papel feminino, sempre suxeito á potestade masculina.
María de Xacobe, nada na Estrada, é veciña de Cesures. Publicou oito novelas e ten colaborado en diversas antoloxías, na súa maioría benéficas.
Top