• 10 Novembro, 2024
  • 18:30
  • Biblioteca Municipal de Catoira

SINOPSE:

Ano 2.735.  Despois dunha incrible viaxe no tempo, Pelica de Burra, a nosa protagonista, aterra nun futuro sen xogos, sen contos, sen música… nun futuro terrible. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas: “Peliquiña Meee, por aquí non é!, por aquí tampouco, entón… por onde?”

Este retrouso levaranos cara a solución dun mundo sen diversión. PELICA DE BURRA é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música para primeira infancia da man da narradora e educadora Vero Rilo acompañada do músico Luís Iglesias.

Actividade financiada a través do programa +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Top