• 16 Novembro, 2020
  • 17:00
  • Aula Celso Emilio Ferreiro
Destinatarias/os: mocidade de 4 a 11 anos.
O obradoiro “Bravas” formúlase como un espazo creativo destinado a xerar conciencia feminista a través da exploración colectiva de distintas fontes e experiencias da ilustración contemporánea e mediante a expresión artística con distintos materiais, técnicas e soportes propios do debuxo.
Inscricións no departamento de servizos sociais, no número de teléfono 986546217 (ext 1) ou no 672129682. Tamén no enderezo electrónico serviciossocialescatoira@gmail.com ata o día 12 de novembro de 2020.
Seguiranse as medidas sanitarias establecidas fronte ao Covid19.
Top