• 2 Outubro, 2021
  • 18:00
  • Auditorio Municipal

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é chamada por un teatro para presentar o seu show. Esta orixinal e rompedora personaxe revela a súa connotación de It girl con enxeño, humor e personalidade amosando a súa realidade imperfecta fóra dos canons da imaxe actual da felicidade que se proxecta a través da redes sociais. Na peza maniféstase dun xeito ameno e rompedor a importancia de ser muller no rural, da sabedoría popular e do uso das novas tecnoloxías.

Inscricións: Reservas no departamento de servizos sociais, no número de telefono 986546217 (ext.1) ou no enderezo electrónico serviciossocialescatoira@gmail.com ata o día 30 de setembro de 2020.
Seguiranse as medidas sanitarias establecidas fronte o Covid19.
Top