- 30 Abril, 2026
- 20:00
- Biblioteca Municipal de Catoira
Presentación do libro “O imperialismo no século XXI” e coloquio co autor, Duarte Correa.
Esta obra aborda unha cuestión imprescindible para comprendermos o mundo de hoxe, especialmente nun contexto en que, a cada pouco, novos acontecementos de grande impacto no ámbito internacional nos sobresaltan e deitan por terra certezas que parecían inamovibles.
Actividade incluída na programación “Catoira é libre, Catoira é libro” deseñada para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril.
A entrada é libre ata completar aforo.


