- 26 Xaneiro, 2025
- 18:00
- Salón Teatro - Santiago
O Centro Dramático Galego ofrece a posibilidade de acudir á función ‘Nada se sabe’ no Salón Teatro de Santiago de Compostela dispoñendo un autobús gratuíto para 25 persoas.
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse e aboar a entrada no departamento de Cultura do Concello. As prazas cubriranse por orde de inscrición e pagamento.
O prazo remata o día 22 de xaneiro.
A proposta está indicada para público adulto. As/os menores de 18 deben presentar unha autorización ou ir acompañados dunha persoa adulta.