- 15 February, 2024
- 12:15
- Auditorio Municipal de Catoira
O próximo xoves, día 15, ás doce da mañá, terá lugar a inauguración da exposición “Mulleres Matemáticas” na sala Luis Seoane do Edificio Multiusos.
Este goberno, que está firmemente comprometido coa igualdade entre os xéneros, organiza esta mostra co gallo de celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro coa finalidade de promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento das mulleres e as nenas que contribuirán decisivamente ao desenvolvemento económico do mundo e ao progreso respecto de todos os obxectivos e metas da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostíbel.
Así mesmo, terá lugar ese mesmo día ás 12:15 da mañá, no Auditorio Municipal, unha conferencia impartida por José Nicanor Alonso Álvares e Miguel Ángel Mirás Calvo, ambos profesores da Universidade de Vigo, co título
“Matemáticas Lúdicas”. A dita conferencia asistirá o alumnado de 1º da ESO do CPI Progreso de Catoira, e está aberta ao público en xeral ata completar aforo.

Tanto o profesor José Nicanor Alonso como Miguel Ángel Mirás son recoñecidos docentes da Universidade de Vigo e investigadores no ámbito das matemáticas e ambos teñen numerosísimas publicacións científicas e divulgativas en relación cos distintos ámbitos deste coñecemento que a día de hoxe, por exemplo, se converteu nunha rama esencial na computación e no tratamento dos Big Data.