- 25 Outubro, 2026
- 12:00
- Biblioteca Municipal de Catoira
O Concello de Catoira conmemora o Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro, cun contacontos para bebés o domingo 25 pola mañá.
É noite na granxa de Xan. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sobe ao alto do tellado e disponse a cantar. Pero ese día algo sae mal. O galo non pode cantar; e se o galo non canta o sol non se levanta!… Non será que Xan esqueceu darlle a cea aos animais a noite anterior?
Unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas no día a día na granxa de Xan.

