• 27 Setembro, 2020
  • 18:30
  • Auditorio Municipal

LEDICIAS – O Mago Paco

Auditorio Municipal de Catoira

Domingo 27 de setembro – 18:30 h

Sinopse:

Este espectáculo está baseado na maxia infantil, no que O Mago Paco fai un percorrido polos seus mellores xogos de maxia cos que pretenderá mergullar a todo o público no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e  sorrisos. LEDICIAS é un espectáculo  versátil, aberto, propio dunha mente infantil: aloucado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.

Actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia a través do programa “Cultura no Camiño.

http://ailladosnenos.com/o-mago-paco/ledicias/

Reserva de entradas:

A entrada é gratuíta pero requírese reserva previa. As reservas poden realizarse ata as 14 horas do día 25 de setembro, a través do correo cultura@catoira.gal ou no teléfono 986546014 (ext. 2), indicando o nome completo e teléfono. Poderán reservarse ata 6 entradas por unidade de convivencia, achegando os nomes completos de todas as persoas.

Normas de acceso:

Serán de aplicación as normas establecidas na lexislación vixente en cada momento.

Se presenta algún síntoma relacionado coa COVID-19 (tose, falta de aire, febre, etc.) non acceda ás instalacións.

Distancia de seguridade de 1,5 m. entre espectadores que non sexan conviventes.

Será obrigatorio o uso de máscara por parte dos espectadores en todo momento.

Desinfección de mans.

Ocupe a butaca que se lle asigne e non se levante agás en caso estritamente necesario.

Entrada e saída das instalacións de forma graduada mantendo a distancia de seguridade.

Limite o uso dos aseos.

Top