• 23 Marzo, 2025
  • 18:00
  • Auditorio Municipal de Catoira

IBÁÑEZ CABARÉ

Teatro das Maniotas. Grupo teatral do IES de Brión – Teatro Amador

Domingo, 23 de marzo /  18:00 h

Divertida función de teatro musical, homenaxe a Ibáñez,  creador de Mortadelo e Filemón, e o mundo do cómic.

Mario Montoro morre á saída do seu traballo no Cabaré, e todo o mundo está seguro de que foi María, a súa parella, pero as dúas policías encargadas do caso non se aclaran coas pistas, e non son quen de resolver a investigación. Ao mesmo tempo, as traballadoras e traballadores do Cabaré fan as súas pesquisas, e conviven coa presunta asasina, mentres bailan e cantan cos distintos personaxes que homenaxean ao grande Ibáñez nunha explosión de cor e música.

Entrada de balde ata completar aforo.

Para todos os públicos.

Top