- 3 Outubro, 2021
- 18:30
- Auditorio municipal
ACTIVIDADES LER CONTA MOITO – AUDITORIO MUNICIPAL
“Extra!”, actuación musical de Paco Nogueiras sobre o seu último libro-disco dedicado ao mundo da prensa escrita.
Extra! é o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. Un xornal que convida a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En Extra! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor.
Reservas: https://forms.gle/u85GsDQyoHpGmoqM8