- 23 February, 2025
- 12:00
- Biblioteca Municipal de Catoira
Rosalía de Castro, ademais dunha gran poeta, tamén era música! Creaba as súas propias composicións e inspirábase na música popular e tradicional. Neste concerto didáctico achegarémonos á Rosalía cantareira a través dos diferentes ritmos da música tradicional e cantaremos algúns dos seus poemas.
Concerto-obradoiro dirixido a público familiar.
Entrada de balde ata completar aforo.