- 27 Outubro, 2024
- 19:00
- Auditorio Municipal de Catoira
Sinopse:
Como foi a nosa educación sexual?
Estamos preparados para ter unha sexualidade sa?
Sabemos como afrontar as nosas relacións?
Somos capaces de educar ás próximas xeracións?
Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo?
Na pornografía? Nas redes sociais?
E que consecuencias ten formarse así?
Intentemos fixarnos nas publicacións, na música, na publicidade…
Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú.
deseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.
Autor: Diego Rey
Dirección: Diego Rey
Elenco: Marta Ríos e Dani Trillo
Idioma: galego
Duración: 65 minutos
Idade recomendada: N.R.M. 12 anos
Entrada de balde ata completar aforo.
Actuación financiada a través do programa +Provincia da Deputación de Pontevedra.