- 29 Novembro, 2020
- 18:00
- Auditorio Municipal
A Escola Municipal de Teatro poñerá en escena a obra “(In)visible Luz”, creada a partir dun texto do libro “Invisibles” de Montse Fajardo, que recolle testemuños de mulleres vítimas de violencia de xénero. Ao finalizar a representación teatral o público terá a oportunidade de establecer un coloquio coa autora do libro.
Entrada de balde ata completar aforo e con reserva previa no correo cultura@catoira.gal ou no tf. 986546014 (ext.1), ata as 14 horas do día 27 de novembro. Poderán reservarse ata 4 entradas por unidade de convivencia, achegando os nomes completos de todas as persoas.
Seguiranse as medidas sanitarias establecidas fronte á Covid19.