- 24 Novembro, 2024
- 19:00
- Auditorio Municipal de Catoira
O Concello de Catoira conmemora o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, coa programación da obra teatral “Comando Comadres” o domingo 24 de novembro.
Espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto no que un grupo de art-ivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais.
Intérpretes: Chelo do Rejo, María Ángeles Iglesias e Anabell Gago
Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde
Idade recomendada: N.R.M. 13 anos
Entrada de balde ata completar aforo.