- 15 Novembro, 2024
- 20:00
- Auditorio Municipal de Catoira
Proxección do Cineclube de Catoira. “La niña santa”, segunda longametraxe de Lucrecia Martel é unha atípica coming of age onde o relato se reprega sobre si mesmo nunha sorte de clima, ao tempo que perde o seu clásico protagonismo fronte á construción da sensación ou atmosfera. O desexo, o espertar sexual e a culpa son os motivos que recompoñen os fragmentos deste filme, no cal se revelan tódalas marcas de estilo da directora arxentina: a elipse como forma narrativa, o fóra de campo sonoro, a desorientación espacial e a repetición.
LA NIÑA SANTA (2004), Lucrecia Martel | 106′ | V.O. | 18+
4€ xeral | 2€ socios/as