• 27 February, 2026
  • 20:00
  • Auditorio Municipal de Catoira

O venres 27 terá lugar unha nova proxección de cinema programada polo Cineclube de Catoira.

360 curvas, marcan a distancia entre A Fonsagrada e Lugo. Un camiño longo, cuxas trazadas son tamén marcas que simbolizan o declive do lugar. A supresión de A Fonsagrada como cabeceira de comarca motivou o inicio dun conflicto case esquecido na actualidade: as movidas.
Tomando a imaxe de arquivo como escenario de partida, o filme é un retrato do conflicto: manifestacións, peches no concello, enfrontamentos cos antidisturbios… pero tamén é unha mirada cara o futuro; a historia dun pobo que segue a atopar novas formas de loita ante a despoboación.
360 CURVAS (2026), Alejandro Gándara e Ariadna Silva | 80′ | V.O.
Entrada: 4€ xeral | 2€ socias
Top