• 1 Outubro, 2023
  • 18:00
  • Edificio Multiusos
O domingo 1 de outubro á tardiña celebraremos coas/os maiores de Catoira o Día Internacional das Persoas de Idade. Comezaremos ás 18 horas cun monólogo de Celso Fernández Sanmartín, seguido da actuación do grupo de pandeireteiras de Catoira Muíños do Vento. Logo servirase unha pequena merenda e haberá baile amenizado polo dúo La Mecánica.
As persoas que desexen participar poden inscribirse de balde no teléfono 986 619 049 (departamento de Servizos Sociais Comunitarios) ata o 28 de setembro, incluído.
Top