- 8 Novembro, 2020
- 09:00
- Rúa da Estación
Organiza Servizos Sociais do Concello de Catoira
A igualdade e a loita contra as violencias machistas segue a ser unha das prioridades do Concello de Catoira. O Concello contará cun punto de información, sensibilización e atención ao que poden acudir as mulleres, xóvenes e público en xeral do Concello de Catoira.
Na Caravana do Punto Morado contarase con profesionais en psicoloxía e en materia de violencia de xénero que asesorarán, atenderán e informarán ás persoas que así o precisen.