- 16 Marzo, 2025
- 16:00
- Saída marquesiña do Concello
Tras a cancelación da función de xaneiro por mor da borrasca Herminia, o Centro Dramático Galego ofrece á veciñanza de Catoira un autobús gratuíto para asistir á representación da súa nova produción “A burra, a mesa e o pau” no Salón Teatro de Santiago.
Data: Domingo 16 de marzo
Hora saída de Catoira: 16:00
Hora función no Salón Teatro: 18:00
Hora saída de Santiago: 20:00
Prezo da entrada: 5 €
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse e aboar a entrada no departamento de Cultura do Concello. As prazas cubriranse por orde de inscrición e pagamento.
O prazo remata o día 13 de marzo.
A proposta está indicada para público a partir de 12 anos. As/os menores de 18 deben presentar unha autorización ou ir acompañados dunha persoa adulta.
“A burra, a mesa e o pau” é o conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempos nos que era máis doado crerlles os contos ás avoas que as promesas aos patróns.
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Lorena Conde
ASISTENCIA DE DIRECCIÓN: Inés Salvado Gontad
ELENCO: Xúlio Abonjo, Maika Aguado, Beatriz Barcia, Xosé Manuel Esperante, Andrés Giráldez, Alixa Ladson, Roberto Leal, Mario López, Pablo Loureiro, Carla Mojón, Grial Montes, Paloma Otero, Paulo Serantes, Nelu Vermouth e Arantza Villar.