• 11 Abril, 2026
  • 18:00
  • Salón Teatro (Santiago de Compostela)
Nova proposta da iniciativa “Sobes ao autobús do teatro?”. O Centro Dramático Galego ofrece autobús gratuíto para acudir á posta en escena de “Hamlet” no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Data: Sábado 11/04/2026
Hora saída de Catoira: 16:00
Hora función no Salón Teatro: 18:00
Hora saída de Santiago: 20:15
Prezo da entrada: 5 €
Prazas: 17
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse e aboar a entrada no departamento de Cultura do Concello. As prazas cubriranse por orde de inscrición e pagamento. O prazo remata o día 1 de abril.
Idade recomendada: +14
AVISO: Esta produción contén efectos de iluminación intermitente/estroboscópica e sons de alto impacto.
Texto original: William Shakespeare
Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
Dirección: Tito Asorey
Elenco: Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Alejandro Jato, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad, Sergio Zearreta.
Hamlet é sen lugar a dúbidas a peza teatral máis famosa da historia, escrita arredor do 1600 por un home que pretendeu, como Atlas, coller a esfera da Terra nas súas mans, e con ela todos os asuntos humanos, e plantalos no seu pequeno teatro do sur de Londres, The Globe. Desde ese lugar o teatro pasaría a ser un espello no que a humanidade puido observarse dun xeito critico a través de pezas que son obras mestras inesgotables de pura paixón e acción escénica.
Top