- 22 February, 2026
- 19:00
- Auditorio Municipal de Catoira
Catoira vai acoller este domingo en primicia a preestrea da obra de teatro ‘Bio Construción’ antes de que a peza inicie a súa xira por Galiza. O pase, que será totalmente de balde para a veciñanza, é produto do acordo entre o Concello e a compañía ‘Ibuprofeno Teatro’ por ter utilizado o Auditorio Municipal para os ensaios durante varios meses.
Trátase dunha comedia existencialista con música en directo sobre os soños, a perseverancia e a frustración: “entre o surrealismo e o absurdo, é unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a crise do acceso á vivenda, o amor, o teatro e a estupidez humana”.
En escena estarán Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, con música en directo e espazo sonoro de Macarena Montesinos.
Entrada de balde ata completar aforo.

