- 13 Novembro, 2021
- 19:00
- Auditorio municipal
A compañía Bandullo Azul actúa o sábado 13 de novembro, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Catoira, coa comedia “Mestre ma non troppo”.
Esta actuación está incluída no programa “Tornar ás táboas”, da Deputación de Pontevedra, deseñado para que o teatro retome a súa actividade nos escenarios dos auditorios, teatros e centros culturais da provincia.
Mestre ma non troppo é unha comedia cun ton amargo, un sorriso acedo que nos acompaña de volta á casa convidándonos a pensar sobre a nosa propia actuación e sobre as falsas metas que nos impón a sociedade. Un espectáculo centrado na poética do fracaso, unha comedia que rompe unha lanza por aqueles xoguetes rotos que nunca gañaron o corazón do público.
Elenco: Fran Campos
Dirección: Fran Ameixeiras
Xéneros: Teatro, comedia, clown, música
Duración: 50 min
Público: Público Familiar
Entrada libre ata completar aforo