• 18 Marzo, 2023
  • 20:00
  • Auditorio Municipal

A BANDA DE MÚSICA DE CATOIRA ESTREA A OBRA “XELMÍREZ. IMAXES DO CASTELLUM HONESTI”, COMPOSTA POR JOSÉ LUIS REPRESAS

O sábado 18 de marzo, ás 20:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Catoira un concerto da Banda de Música de Catoira, que interpretará por primeira vez o poema sinfónico “XELMIREZ. Imaxes do Castellum Honesti”. O autor desta composición é José Luis Represas, que conta cunha dilatada e exitosa traxectoria musical e exerce, na actualidade, como subdirector da Banda de Música Municipal da Coruña.

No concerto tamén se interpretará o pasodobre “Margarita de Portocanles”, composto tamén por Represas, e que está dedicado á ex-concelleira Margarita Lobato.

O concerto será presentado por Ana Represas Catalán, autora dunha análise temática sobre o poema sinfónico “Xelmírez”.

Imaxes do poema “Xelmírez”:

  • AMENCER NO ULLA (Inicio)
  • PLENITUDE DENDE O XIABRE (Compás 29)
  • A PRESENZA DE XELMIREZ (C. 41)
  • PROCESIÓN (C. 81)
  • FESTA PAGANA (C. 98)
  • O VENTO DO ULLA (C. 174)
  • AS MILICIAS (C. 193)
  • AVISTAMENTO DENDE O XIABRE (C. 242)
  • INCURSIÓN VIKINGA (C. 251)
  • ASEMBLEA (C. 337)
  • ANOITECE NO ULLA (C. 367)
Top