- 8 Maio, 2026
- 20:00
- Biblioteca Municipal de Catoira
Presentación do libro “Ata que os mares sequen” e coloquio co autor, Manuel Gago.
Ata que os mares sequen é un libro sobre Escocia para ler antes de consultar as guías… ou despois de esquecelas. Un ensaio literario que reivindica o Atlántico como espazo compartido e propón unha ollada adulta, crítica e contemporánea, máis alá dos mitos románticos do século XIX, sobre quen somos cando nos miramos desde a outra beira do mar.
Actividade incluída na programación “Catoira é libre, Catoira é libro” deseñada para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril.
A entrada é libre ata completar aforo.


