- 22 December, 2024
- 18:30
- Auditorio Municipal de Catoira
Teatro Airiños representa en Catoira a función “As vellas non deben de namorarse”, unha adaptación do clásico “Os vellos non deben namorarse”, de Castelao, realizada por Amantia Coello, quen dá un xiro á peza respectando a súa esencia orixinal. Nacen así historias de amor e desamor desde unha nova perspectiva. Preséntase, polo tanto, a historia de tres vellas que se namoran de persoas máis novas e as consecuencias deste amor.