- 11 Outubro, 2026
- 18:00
- Biblioteca Municipal de Catoira
Obradoiro para público familiar, impartido por Arenaria, orientado a desmontar mitos alimentarios. Abordaranse mitos sobre graxas, hidratos, alimentos light, lactosa, gluten… aportando evidencias científicas. Falaremos das fontes de información, distinguindo entre ciencia e pseudociencia.
A experimentación alimentaria farase a través da ciencia. Cunha metodoloxía interactiva, as/os participantes adquirirán coñecementos en nutrición e desenvolverán habilidades críticas.

