• 30 Outubro, 2021
  • 20:00
  • Alameda do Concello / Se chove no auditorio
O GRUPO A RODA ACTÚA EN CATOIRA O SÁBADO 30 DE OUTUBRO
O día 30 de outubro, ás 20:00 horas, a Alameda do Concello de Catoira acolle un concerto do grupo A Roda, unha das formacións máis representativas da música tradicional galega.
A Roda leva máis de 40 anos de traxectoria dedicada a promover e difundir a música galega e o noso patrimonio cultural inmaterial, a través da chamada “música de raíz”. Trátase dun dos grupos máis antigos e coñecidos do panorama musical galego.
A actuación, que forma parte do ciclo de concertos Mar de Santiago, terá lugar na Alameda do Concello. En caso de previsión de chuvia será trasladado ao Auditorio Municipal. A entrada é gratuíta e non é necesaria reserva previa, o acceso será por orde de chegada ata completar o aforo.
Top