• 4 Outubro, 2020
  • 18:30
  • Auditorio Municipal

A verdadeira historia de Hamelín, por Mere Clown.

Espectáculo da compañía Moc Moc.

Domingo, 4 de outubro ás 18:30 h

Auditorio Municipal de Catoira.

Sinopse:

A aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de estraños seres que fan bromas sen fin aos seus habitantes, cando un excéntrico personaxe fai a súa aparición. Xa coñecedes a historia que querían facervos saber, é hora de coñecer “A verdadeira historia de Hamelín”. Clown, malabares, participación do público e moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico “O frautista de Hamelín”.

Reserva de entradas:

A entrada é gratuíta pero requírese reserva previa. As reservas poden realizarse ata as 14 horas do día 2 de outubro, a través do correo cultura@catoira.gal ou no teléfono 986546014 (ext. 2), indicando o nome completo e teléfono. Poderán reservarse ata 6 entradas por unidade de convivencia, achegando os nomes completos de todas as persoas.

Normas de acceso:

Serán de aplicación as normas establecidas na lexislación vixente en cada momento.

Se presenta algún síntoma relacionado coa COVID-19 (tose, falta de aire, febre, etc.) non acceda ás instalacións.

Distancia de seguridade de 1,5 m. entre espectadores que non sexan conviventes.

Será obrigatorio o uso de máscara por parte dos espectadores en todo momento.

Desinfección de mans.

Ocupe a butaca que se lle asigne e non se levante agás en caso estritamente necesario.

Entrada e saída das instalacións de forma graduada mantendo a distancia de seguridade.

Limite o uso dos aseos.

Top