• 30 Xuño, 2023
  • 21:00
  • Auditorio Municipal

O Auditorio Municipal de Catoira acolle o venres 30 de xuño, ás 21:00 horas, unha función do espectáculo multidisciplinar “Fogar”, da compañía SÖA.

“Fogar” é un espectáculo de música, danza e mais performance, unha instalación sonora. É unha peza onírica sobre as raíces, as que non se ven, as que botamos de menos e algunha vez tivemos que cortar para poder avanzar. “Fogar” é tamén unha conversa entre o amor e o desaire ao que fomos; a pertenza, a busca  da liberdade individual, o quen somos sen influencias. Un recordo constante, ramificado e indescifrable. Un pensamento recorrente que nunca nos abandona.

Esta actividade forma parte do programa Cultura no Camiño, financiado pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Entrada libre ata completar aforo. Espectáculo dirixido a público adulto.

Top