• 10 Outubro, 2020
  • 18:00
  • Auditorio Municipal

A Ciencia de Harry Potter é un espectáculo-charla científica de inspiración literaria, a cargo de David Ballesteros, da compañía Ceo Aberto. A través de experimentos espectaculares iremos percorrendo o mundo creado por J. K. Rowling e analizando desde a óptica da Ciencia a viabilidade no mundo real ou non do universo literario de Harry Potter.

Espectáculo financiado a través do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura e Turismo.

Reserva de entradas:

A entrada é gratuíta pero requírese reserva previa. As reservas poden realizarse ata as 14 horas do día 9 de outubro, a través do correo cultura@catoira.gal ou no teléfono 986546014 (ext. 2), indicando o nome completo e teléfono. Poderán reservarse ata 6 entradas por unidade de convivencia, achegando os nomes completos de todas as persoas.

Normas de acceso:

Serán de aplicación as normas establecidas na lexislación vixente en cada momento.

Se presenta algún síntoma relacionado coa COVID-19 (tose, falta de aire, febre, etc.) non acceda ás instalacións.

Distancia de seguridade de 1,5 m. entre espectadores que non sexan conviventes.

Será obrigatorio o uso de máscara por parte dos espectadores en todo momento.

Desinfección de mans.

Ocupe a butaca que se lle asigne e non se levante agás en caso estritamente necesario.

Entrada e saída das instalacións de forma graduada mantendo a distancia de seguridade.

Limite o uso dos aseos.

Top