• 3 Maio, 2026
  • 19:30
  • Auditorio Municipal de Catoira
A Escola Municipal de Teatro de Catoira estrea “Don Víctor” o domingo 3 de maio.
Trátase dunha obra de teatro documental que narra a historia de Víctor Touriño López, mestre da parroquia de Dimo durante o perídodo da República española e posterior golpe de estado no 1936.
Don Víctor foi un mestre que pretendía inculcar ao seu alumnado un pensamento propio. Pertencente ao Sindicato Socialista de Mestres Nacionais foi acusado de inimigo ideolóxico e “roxo”, motivo polo cal foi “depurado” de Catoira, como ocorría coa maioría de mestres liberais na época da ditadura franquista.
Unha peza que pretende rescatar un pouco da memoria histórica da vila de Catoira e facer xustiza aos mestres republicanos.
Entrada libre ata completar aforo.
Top