En Catoira consérvanse numerosas insculturas prehistóricas sobre rochas graníticas da Idade do Bronce. Sobre unha rocha localizada a 500 m do Campo de Fútbol da parroquia de Oeste, á dereita do camiño, Localízanse dous grupos de círculos concéntricos, cazoletas e círculos sinxelos. Os mesmos motivos aparecen na leira Taleiriña, no lugar de Aragunde, parroquia de Catoira, nunha rocha integrada no muro dunha vivenda. O conxunto de petroglifos máis insólito e diverso do municipio aparece no lugar de Cores, na parroquia de Abalo. Unha rocha de superficie plana, algo empenada, aparece enteiramente cuberta de insculturas, coñecida popularmente como Laxe das Tixolas. Está nunha ladeira do Monte Vello, á beira dun camiño comunal. Na rocha diferéncianse unhas vinte combinacións circulares, unha cruz con pedestal e un epígrafe. A singularidade do conxunto deriva dos deseños que aparecen interrelacionados, procedentes de épocas históricas distintas.

Top