• 14 Mayo, 2021
  • 19:30
  • Auditorio Municipal

“Os contos da leiteira” dá voz a historias de mulleres intrépidas e tímidas, loitadoras e soñadoras pero tamén da propia condición de feminina representada ás veces por animais que viven esas circunstancias. Contos de heroínas, galiñas valentes, leóns amorosos ou galos fachendosos que nos farán gozar e concienciarnos para que a igualdade sexa unha realidade.

Reserva de entradas:
A entrada é gratuíta. As reservas poden realizarse ata as 12 horas do día 14 de maio, a través do correo cultura@catoira.gal ou no teléfono 986546014 (ext. 2), indicando o nome completo e teléfono. Poderán reservarse ata 6 entradas por unidade de convivencia, achegando os nomes completos de todas as persoas.
Normas de acceso:
Serán de aplicación as normas establecidas na lexislación vixente en cada momento.
Se presenta algún síntoma relacionado coa COVID-19 (tose, falta de aire, febre, etc.) non acceda ás instalacións.
Distancia de seguridade de 1,5 m. entre espectadores que non sexan conviventes.
Será obrigatorio o uso de máscara por parte dos espectadores en todo momento.
Desinfección de mans.
Ocupe a butaca que se lle asigne e non se levante agás en caso estritamente necesario.
Entrada e saída das instalacións de forma graduada mantendo a distancia de seguridade.
Limite o uso dos aseos.
Top