A Deputación Provincial de Pontevedra, concedeu ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria de “SUBVENCIÓNS PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS OU EXECUCIÓN DE OBRAS DE MOBILIDADE AMABLE E RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS DOS CONCELLOS DA REDE ÁGORA, unha subvención de 50.000,00 €, con destino ao investimento denominado “HUMANIZACIÓN E RECUPERACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO NO ENTORNO DA PRAZA DO CONCELLO DE CATOIRA”.
A subvención foi concedida mediante Resolución da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, con data do 6 de agosto de 2021.
Con data do 29 de marzo actual publícase no Perfil do Contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público o Anuncio de Licitación correspondente á obra “REHABILITACIÓN DA ANTIGA CASA CONSISTORIAL PARA CASA DAS ARTES”.
ENLACE: https://catoira.sedelectronica.gal/?x=n7baWTLPELl8ovfzWGJLRA
O Prazo de presentación de ofertas é de VINTE (20) días hábiles contados a partires do da citada publicación, polo que rematará o vindeiro día VINTE E OITO (28) de abril de 2022. O que se fai público para xeral coñecemento.
Actuacións na contorna do paseo das Lombas consistentes en:
A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-23”, liña 1, unha subvención de 156.517,13 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS EN CATOIRA” cun orzamento que ascende a 156.517,13 €
A subvención foi concedida mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial, con data do 4 de marzo de 2022, e comunicada á administración municipal con data do 7 de marzo de 2022.
O Concello procederá, en breve, a tramitar o expediente de contratación da citada obra, e o abono da subvención farase tendo en conta as certificacións que se vaian aprobando da mesma.
A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-23”, liña 1, unha subvención de 48.236,65 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “IMPERMEABILIZACIÓN DE AZOTEA NA CASA DO CONCELLO” cun orzamento que ascende a 48.236,65 €
A subvención foi concedida mediante Resolución da Presidencia da Deputación Provincial, con data do 25 de febreiro de 2022, e comunicada á administración municipal con data do 28 de febreiro de 2022.
O Concello procederá, en breve, a tramitar o expediente de contratación da citada obra, e o abono da subvención farase tendo en conta as certificacións que se vaian aprobando da mesma.
A finalidade desta intervención é mellorar a seguridade na contorna, tanto dos viaxeiros que usan o transporte como dos veciños. O investimento necesario para levar a cabo as obras ascende a 180.599€.
A Deputación de Pontevedra comunicou ó Concello de Catoira a concesión dunha subvención por importe de 381.851,13 euros, ao abeiro do programa REACPON, para a rehabilitación da antiga casa consistorial para convertela nunha Casa das Artes.
O proxecto deseñado polo Goberno local permitirá recuperar un edificio emblemático na localidade, cunhas instalacións en decadencia continua tras o traslado das oficinas municipais, para convertelo na sede das escolas municipais de gaita e danza, de música, de teatro e de artes plásticas, actividades que se viñan desenvolvendo en espazos disgregados e improvisados, en ocasións ao aire libre, outras en naves industriais ou en edificios municipais que non cobren as necesidades das entidades.
Un das actuacións primordiais é a eliminación das barreiras arquitectónicas. Actualmente o edificio conta con moitos niveis, o que complica en gran medida a mobilidade de persoas con discapacidade. Por este motivo, a primeira das medidas que se contempla é a de eliminar as barreiras da planta baixa, de forma que toda ela estea conectada con itinerarios accesibles, e a dotación de aseos, un deles accesible. En resumo, convértese un edificio con múltiples obstáculos nun edificio accesible e cunha mobilidade cómoda entre os seus espazos.
Outra das actuacións importantes céntrase na mellora da eficiencia enerxética das instalacións. Para iso vaise mellorar a envolvente térmica (paramentos exteriores, cuberta e xanelas), incorpóranse sistemas renovables de climatización e produción de auga quente sanitaria, e procederase á instalación de paneis fotovoltaicos en cuberta, coa intención de cubrir a totalidade de demanda enerxética do edificio, buscando eliminar completamente as súas emisións de CO2.
A distribución do edificio contempla dous espazos. Créase un espazo único como salón polivalente, onde se levarán a cabo as actividades das escolas. Deséñase cun tabique móbil na división actual que permitirá delimitar os espazos en función das necesidades. No edificio orixinal mantéñense os espazos de servizo (almacenaxe e aseos) das plantas soto e baixo cuberta. A planta baixa déixase diáfana, como espazo de descanso e espera. Na planta primeira habilítase un espazo aberto como zona de estudo e tecnoloxía.
A achega da Deputación sufragará o 85% do proxecto, que conta cun orzamento total de 449.248,80 euros. Agora procederase a tramitar o oportuno expediente de contratación para que as obras poidan atoparse executadas na súa totalidade antes do 30 de abril de 2023.
A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PROGRAMA PROVINCIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS SINGULARES PARA A RECUPERACIÓN POSTCOVID- 19. PROGRAMA REACPON (REACCIONA PONTEVEDRA PROVINCIA)”, unha subvención por importe de 381.851,13 € para a execución do investimento “REHABILITACIÓN DA ANTIGA CASA CONSISTORIAL PARA CASA DAS ARTES”, cun orzamento de execución por contrata de catrocentos corenta e nove mil douscentos corenta e oito euros con oitenta céntimos (449.248,80 €), IVE incluído.
A subvención quedou formalizada mediante un Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Catoira, asinado con data do 11 de xaneiro de 2022.
De seguido procederase a tramitar o oportuno expediente de contratación para que a obra poida atoparse executada na súa totalidade antes do 30 de abril de 2023.