A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN AO CONCELLO CON DESTINO AO FINANCIAMENTO DA ACTUACIÓN DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS EN CATOIRA”

A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS 2022-2023)”, liña 1, unha subvención por importe de 130.901,50 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS EN CATOIRA 2022” cun orzamento polo mesmo importe.

A subvención foi concedida mediante Resolución da Presidencia da Deputación Provincial, con data do 5 de decembro de 2022, e comunicada á administración municipal con data do 7 de decembro de 2022.

O Concello procederá, en breve, a tramitar o expediente de contratación da citada obra, e o abono da subvención farase tendo en conta as certificacións que se vaian aprobando da mesma.

Catoira, 6 de marzo de 2023.

ANUNCIO PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN DEPUTACION PLAN CONCELLOS – CAMIÑOS 

ACONDICIONAMENTO DA ESCOLA INFANTIL

Comezaron as obras de acondicionamento da escola infantil que consisten en:
  • Eliminar o pavimento de cespede artificial, substituíndoo por lousas de caucho para conformar un patio de xogos con dous pavimentos: caucho e area.
  • Eliminar a varanda de madeira por outra de aceiro que cumpre coa normativa de accesibilidade.

HUMANIZACIÓN E RECUPERACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO DO ENTORNO DA PRAZA DO CONCELLO

O Concello de Catoira está concienciado sobre a necesidade de recuperar os espazos peonís dentro do espazo público, facilitar os desprazamentos non motorizados, e a creación de itinerarios peonís seguros, accesibles e agradables que conecten os centros de actividade máis importantes do Concello.

O presente proxecto contempla as actuacións necesarias para reordenar e acondicionar o espazo público existente fronte ao Concello, xerando unha nova praza para uso e goce das persoas, restrinxindo o acceso ao tráfico rodado soamente persoas de mobilidade reducida e servizos puntuais de carga e descarga. Para iso contémplase unha renovación total dos pavimentos e de servizos como a iluminación, así como a plantación de novo arboredo e a instalación de novo mobiliario urbano. A actuación comprende unha superficie de 2.280m2.

O proxecto foi analizado polo alcalde Alberto García e o deputado Gregorio Agís, na súa visita ao Concello do pasado mércores 24 de agosto. O orzamento base de licitación (con IVE) é de 612.515,26€

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA

A Deputación Provincial de Pontevedra, concedeu ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria de “SUBVENCIÓNS PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS OU EXECUCIÓN DE OBRAS DE MOBILIDADE AMABLE E RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS DOS CONCELLOS DA REDE ÁGORA, unha subvención de 50.000,00 €, con destino ao investimento denominado “HUMANIZACIÓN E RECUPERACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO NO ENTORNO DA PRAZA DO CONCELLO DE CATOIRA”.

A subvención foi concedida mediante Resolución da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, con data do 6 de agosto de 2021.

ANUNCIO DE LICITACIÓN “REHABILITACIÓN DA ANTIGA CASA CONSISTORIAL PARA CASA DAS ARTES”

Con data do 29 de marzo actual publícase no Perfil do Contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público o Anuncio de Licitación correspondente á obra “REHABILITACIÓN DA ANTIGA CASA CONSISTORIAL PARA CASA DAS ARTES”.

ENLACE: https://catoira.sedelectronica.gal/?x=n7baWTLPELl8ovfzWGJLRA

O Prazo de presentación de ofertas é de VINTE (20) días hábiles contados a partires do da citada publicación, polo que rematará o vindeiro día VINTE E OITO (28) de abril de 2022. O que se fai público para xeral coñecemento.

PROXECTO CAMIÑO ESCOLAR SEGURO CPI PROGRESO

O Concello vén de aprobar o proxecto de humanización de accesos ó colexio.

Actuacións na contorna do paseo das Lombas consistentes en:

  • Semipeatonalización adoquín de granito gris
  • Beirarrúa sobre asfalto, pavimento de formigón
  • Beirarrúa sobre terra, pavimento de formigón
  • Marquesina
Actuacións nas vías de conexión con núcleo consistentes en:
  • Carril bici sobre asfalto, pavimento de formigón.
  • Beirarrúa sobre asfalto, baldosa formigón.
  • Beirarrúa sobre terra, baldosa formigón.
  • Parking bicis sobre terra, pavimento formigón.
O presuposto total é de 252.090,49€
O proxecto trasladouse á Deputación para a súa execución.

ACONDICIONAMENTO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

Aprobado pola Deputación de Pontevedra (plan Concellos 2022/23) con un presuposto de 27.600€ na liña 1 (anualidade 2022).
Consiste no acondicionamento do espacio da entreplanta ademáis de outras obras de mantemento como reparar a instalación de fontanería ou a sustitución de carpinterías exteriores.
Estas obras completaranse con outro proxecto complementario para a impermeabilización do pavillón poldeportivo por importe de 48.236,65€

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA PARA A PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS

A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-23”, liña 1, unha subvención de 156.517,13 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS EN CATOIRA” cun orzamento que ascende a 156.517,13 €

A subvención foi concedida mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial, con data do 4 de marzo de 2022, e comunicada á administración municipal con data do 7 de marzo de 2022.

O Concello procederá, en breve, a tramitar o expediente de contratación da citada obra, e o abono da subvención farase tendo en conta as certificacións que se vaian aprobando da mesma.

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA PARA A IMPERMEABILIZACIÓN DE AZOTEA NA CASA DO CONCELLO

A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-23”, liña 1, unha subvención de 48.236,65 €, con destino ao financiamento da actuación denominada “IMPERMEABILIZACIÓN DE AZOTEA NA CASA DO CONCELLO” cun orzamento que ascende a 48.236,65 €

A subvención foi concedida mediante Resolución da Presidencia da Deputación Provincial, con data do 25 de febreiro de 2022, e comunicada á administración municipal con data do 28 de febreiro de 2022.

O Concello procederá, en breve, a tramitar o expediente de contratación da citada obra, e o abono da subvención farase tendo en conta as certificacións que se vaian aprobando da mesma.

A ESTACIÓN DE TREN DE CATOIRA CONTARÁ CUN NOVO CERRAMENTO

A finalidade desta intervención é mellorar a seguridade na contorna, tanto dos viaxeiros que usan o transporte como dos veciños. O investimento necesario para levar a cabo as obras ascende a 180.599€.

Top