A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL

A Deputación Provincial de Pontevedra, ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro das bases reguladoras e convocatoria do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-23”, liña 3: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, unha subvención por importe de 93.373,02 €, para a contratación de 12 traballadores.

A subvención foi concedida mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 28 de xaneiro de 2022, e comunicada á administración municipal con data do 31 de xaneiro de 2022.

De seguido procederase a tramitar os oportunos expedientes de selección de persoal.

Ofertas de emprego 05/09/2019

OFERTA DE EMPREGO

TALLER DE SOLDADURA UBICADO EN BAMIO (VILAGARCÍA DE AROUSA) BUSCA PERSOAL PARA TRABALLOS AUXILIARES.

INCORPORACIÓN INMEDIATA.

OS INTERESADOS/AS PODEN POÑERSE EN CONTACTO COA EMPRESA A TRAVÉS DO TELÉFONO 655 552 246 (PREGUNTAR POR LUÍS).

Top