LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO, CATEGORÍA IV, MEDIANTE A APLICACIÓN DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS AO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO, CATEGORÍA IV, MEDIANTE A APLICACIÓN DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN DERIVADOS DA LEI 20/21, DE 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS URXENTES PARA A REDUCIÓN DA TEMPORALIDADE NO EMPREGO PÚBLICO.

No taboleiro de anuncios deste Concello e no Boletín Oficial da Provincia número 162, de 25 de agosto último, publicouse a Resolución da Alcaldía de 23 de agosto de 2022 aprobando a lista provisional de admitidos e excluídos ao proceso selectivo convocado para prover, polo sistema selectivo de concurso-oposición dunha (1) praza de persoal laboral fixo, a tempo parcial,
vacante na Relación de Postos de Traballo deste concello e incluída na Oferta de Emprego Público para o exercicio de 2022, mediante a aplicación dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/21, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e unha vez rematado o prazo para presentar emendas ou reclamacións, de acordo co previsto nas Bases da convocatoria e no uso das facultades que esta Alcaldía ten atribuídas conforme ao artigo 21.1.g) da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local,

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos en dito proceso selectivo, que queda como segue:

Aspirantes definitivamente admitidos:

Nº APELIDOS, Nome DNI

1 BOUZÓN BEJO, Alba 35xxxx15Y

2 ARAGUNDE REY, Avelino 76xxxx33K

3 FERREIRO MARZOA, Noelia 45xxxx68C

4 CES COMOJO, Noelia 78xxxx45R

5 ABEIJÓN ABAL, Emilio 53xxxx31C

6 IGLESIAS VÁZQUEZ, Vanessa 53xxxx78D

7 PÉREZ LONGO, María Estefanía 35xxxx66C

8 CUEVAS MILLÁN, María Raquel 35xxxx11S

9 CARIDE NIMES, Bárbara María 77xxxx58L

10 PORTO GARCÍA, María del Carmen 35xxxx95H

11 LAPIDO LORENZO, Silvana 53xxxx90R

12 BANDÍN BANDÍN, Lucia 35xxxx63Y

13 MARIÑO ABUÍN, Ángela 53xxxx13D

14 LÓPEZ BERMÚDEZ, Adrián 33xxxx69B

15 SÁNCHEZ EIREOS, Juán José 34xxxx22H

16 ABAL CHAVES, Reinaldo 35xxxx48F

Aspirantes definitivamente excluídos e motivo da exclusión:

Non hai ningún aspirante excluído.

SEGUNDO.- Designar aos membros que integrarán o tribunal cualificador, e determinar a data, lugar e hora de celebración do primeiro exercicio:

TRIBUNAL CUALIFICADOR:

PRESIDENTE/A:

Titular: Don Joaquín Javier Gago López, Secretario-Interventor do concello de Catoira.

Suplente: Dona María Elisa Castiñeiras Isorna, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local y Cultural do concello de Catoira.

SECRETARIO/A:

Titular: Don Ramón Bouzas Castaño, Administrativo de Administración Xeral do concello de Catoira.

Suplente: Dona Mónica Vilas Cerneira, Animadora Sociocultural do concello de Catoira.

VOGAIS:

Titular: Dona María José Pardal Castiñeiras, Traballadora Social do concello de Catoira.

Suplente: Dona María de las Mercedes Costa López, Auxiliar Administrativo do concello de Catoira.

Titular: Dona Paula García Pérez, Educadora Familiar do concello de Catoira.

Suplente: María Dolores Ferreirós Loureiro, Auxiliar Administrativo do concello de Catoira.

Titular: Don Carlos Conde Coira, Oficial Administrativo do concello de Catoira.

Suplente: Don Carlos José Touriño Criado, Operario EDAR e Servizos municipais.

O Tribunal Cualificador reunirase o día 29 de setembro de 2022, ás 10.00 horas, para valorar a fase de concurso.

O mesmo día, ás 12.00 horas, terá lugar a realización do exercicio tipo test, no Salón de Actos do Edificio Multiusos de Catoira (Rúa do Concello, número 1).

Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a súa práctica.

Contra esta Resolución poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación (artigos 112 e 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), ou ben un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e todo isto sen prexuízo de que se poida utilizar calquera outro recurso que se estime conveniente.

TERCEIRO.- Publicar esta Resolución no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello, aos efectos oportunos.

O manda e asina o Sr. Alcalde-Presidente, en Catoira, a 13 de setembro de dous mil vinte e dous.

O Alcalde – Presidente. Alberto García García.

PUBLICACION BOPPO LISTA DEFINITIVA

NOTA INFORMATIVA

A empresa STAC (Sistemas Técnicos del Accesorio y Componentes) é a propietaria dos antigos terreos de Cedonosa nos que pretende exercer proximamente a súa actividade.
Toda aquela persoa que desexe solicitar un posto de traballo nesta empresa pode presentar o seu Curriculum Vitae no Departamento de Emprego deste Concello o cal, posteriormente, os trasladará á citada empresa.
Catoira, 6 de Setembro de 2022
O Alcalde
D. Alberto García García

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE INFORMACIÓN EN OFICINAS DE TURISMO

A Deputación Provincial de Pontevedra ven de conceder ao Concello de Catoira una SUBVENCIÓN PARA O FINANCIAMENTO DOS CUSTOS DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO NA OFICINA DE TURISMO DE CATOIRA, adherida á Rede de Oficinas de Turismo INFO Rías Baixas, para o ano 2022.

A subvención, por importe de 6.048,48 euros, foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 27 de maio de 2022, logo de ser solicitada polo Concello de Catoira ao abeiro da correspondente convocatoria, e comunicada á administración municipal o pasado día 3 de xuño (BOPPO Nº 106).

A prestación do servizo iniciarase o día 20 de xuño de 2022 e terá una duración de 6 meses. O pagamento da citada subvención farase una vez remitida á Deputación Provincial a documentación xustificativa na forma e prazo indicado nas Bases Reguladoras da convocatoria.

ANUNCIO SUBVENCIÓN PERSOAL OF. TURISMO

NOMEAMENTO DAS/OS INTEGRANTES DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DAS/OS CANDIDATOS PARA A PROVISIÓN DE UN POSTO DE TÉCNICA/O SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL E UN POSTO DE TÉCNICA/O SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA AO ABEIRO DO PROGRAMA SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2022/2023

NOMEAMENTO DAS/OS INTEGRANTES DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DAS/OS CANDIDATOS PARA A PROVISIÓN DE UN POSTO DE TÉCNICA/O SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL E UN POSTO DE TÉCNICA/O SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA AO ABEIRO DO PROGRAMA SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2022/2023,
Por Resolución da Alcaldía de data 08/06/2022 resolveuse nomear aos integrantes do Tribunal cualificador dos candidatos a contratar na modalidade de contrato formativo ao abeiro do Programa, subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra “Primeira Experiencia Profesional” nos concellos da provincia de Pontevedra 2022/2023, que son os seguintes:
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
VISTO o Outorgamento da condición de entidades colaboradoras do proxecto PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL nos concellos da provincia de Pontevedra2022/2023 así como as Bases que rexen o citado programa,
RESOLVO:
1.- Nomear como integrantes do tribunal cualificador que valorará os méritos acreditados e verificará que as persoas candidatas remitidas pola Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa, tras a tramitación das ofertas de emprego correspondentes, cumpren todos os requisitos establecidos nas Bases do citado programa para cubrir os postos de Técnico/a Superior en Educación Infantil e Técnico/a Superior en Animación Sociocultural e Turística, para a execución do Proxecto “Equipo de servizos socioeducativos 2022/23”, a:
PRESIDENTE
Titular: Mª José Pardal Castiñeiras, Traballadora Social. Suplente: Ramón Bouzas Castaño, Administrativo
1º VOGAL
Titular: Paula García Pérez, Educadora Familiar. Suplente: Mª Estefanía Pérez Longo, Administrativa
2º VOGAL
Titular: Mª Elisa Castiñeiras Isorna, A.E.D.L. do Concello. Suplente: Mª Dolores Ferreirós Loureiro, Administrativa
O 2º Vogal realizará as funcións de Secretario/a do Tribunal.
A valoración dos méritos dos/as candidatos/as realizarase en base aos criterios de selección das persoas beneficiarias da subvención publicadas como Anexo III das citadas Bases.
2º.- Convocar ao tribunal cualificador para o lúns, 13 de xuño, ás 11,00 horas na Sala de Xuntas do Concello de Catoira.”””
O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos previstos na lexislación vixente.

ANUNCIO TRIBUNAL

LISTA DE CANDIDATAS/OS ADMITIDAS/OS E EXCLUÍDAS/OS DAS/OS REMITIDOS POLA OFICINA DE EMPREGO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A PROVISIÓN DUN POSTO DE TRABALLO DE TÉCNICA/O SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA

LISTA DE CANDIDATAS/OS ADMITIDAS/OS E EXCLUÍDAS/OS DAS/OS REMITIDOS POLA OFICINA DE EMPREGO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A PROVISIÓN DUN POSTO DE TRABALLO DE TÉCNICA/O SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA, AO ABEIRO DO PROGRAMA SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A TÚA “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2022/2023.

Por Resolución da Alcaldía de data 09/06/2022, se resolve aprobar a lista de candidatas/os admitidas/os excluídas/os da oferta de emprego para cubrir un posto na modalidade de contrato de formación de Técnica/o Superior de Animación Sociocultural, que se indica a continuación:

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
VISTO o Formulario de Selección remitido pola Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa en resposta á oferta Nº 12-2022-6454 para a contratación de unha/un TÉCNICA/O SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA, na modalidade de contrato formativo segundo a normativa laboral vixente, por medio do Programa de Fomento da Empregabilidade na provincia de Pontevedra “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” nos concellos da provincia de Pontevedra 2022-2023,
RESOLVO:
1º.- APROBAR a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo para a provisión dun posto de Técnica/o Superior en Educación Infantil, que é a seguinte:
ADMITIDAS/OS: APELIDOS, Nome: GUILLÁN SUMAY, Natalia
EXCLUÍDAS/OS: Ningún.
2º.- PUBLICAR anuncio relativo á presente Resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web municipal.”””
O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos previstos na lexislación vixente.

ANUNCIO A.SOCIOCULTURAL

ANUNCIO OFERTA DE EMPREGO “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL”

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 27 de maio de 2022 adoptou o acordo de outorgar ao Concello de Catoira a condición de entidade colaboradora do Proxecto “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2022-2023, para a realización da actuación denominada “Equipo de Servizos socieducativos 2022-23”.

Para a realización deste proxecto cumpre a contratación (modalidade de contrato formativo) de dúas/dous traballadoras/es coas seguintes titulacións:

  • 1 Técnico Superior en Educación Infantil (Ciclo superior de Formación Profesional)
  • 1 Técnico Superior en Animación Sociocultural (Ciclo Superior de Formación Profesional)

Os contratos formativos poderán concertarse con aquelas persoas que reúnan os seguintes REQUISITOS:

a) Que estean en posesión dunha titulación universitaria ou título de grado medio ou superior de formación profesional ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional.

b) Que estean inscritos como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego.

c) Estar empadroados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra con anterioridade á data de publicación da propia convocatoria no BOPPO.

d) Que no momento da contratación non transcorresen máis de tres anos, ou máis de cinco cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos.

e) Que non obtivera experiencia profesional ou realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da entidade por un tempo superior a tres meses, sen que se computen a estes efectos os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo esixido para a obtención da titulación que habilita esta contratación.

f) Que non estean contratadas ou contratados en prácticas no momento da selección nalgún dos programas que contemplen contratos en prácticas ou formativos da Deputación de Pontevedra.

g) Non haber estado contratada na mesma ou distinta entidade en virtude da mesma titulación.

Tampouco na mesma entidade para o mesmo ou distinto posto aínda que se trate de titulacións distintas.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego, e levarase a cabo conforme aos seguintes criterios:

a) Expediente académico: ata un máximo de 4,00 puntos, segundo a nota media calculada para as titulacións universitarias polo Real decreto 1125/2003, de 5 de setembro, e para os ciclos de formación profesional polo Real decreto 1147/2011, de 29 de xullo. No caso de que a media dalgunha das titulacións convocadas non fose calculada polas normas referidas ou esta non se
especifique valorarase con 0,00 puntos.

b) Por ter un doutoramento relacionado co contido do posto: 2,00 puntos.

c) Por cada título oficial de máster universitario ou título propio da universidade de máster relacionado co contido do posto: 0,50 puntos cada un, ata un máximo de 1 punto.

d) Por posuír unha titulación académica oficial distinta e relacionada co posto de traballo que se vai desempeñar, de nivel igual ou superior á esixida para a formalización do contrato formativo: 0,50 puntos por título, ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior nin as de máster ou doutoramento).

e) Por asistir a cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou da Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto que se vai desempeñar (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo nacional de formación continua): ata un máximo de 2 puntos, que se computarán do seguinte xeito:

  • De máis de 150 horas duración: 0,30 puntos por curso
  • De entre 100 e 150 horas de duración: 0,25 puntos por curso
  • De entre 60 e 99 horas de duración: 0,20 puntos por curso
  • De entre 30 e 59 horas de duración: 0,15 puntos por curso
  • De entre 10 e 29 horas de duración: 0,10 puntos por curso
  • Por acreditar o nivel de coñecemento da lingua galega co Celga 3 nos postos de ciclo superior ou medio ou 4 nos de licenciatura, grao ou diplomatura: 0,50 puntos

Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas ou créditos.

Tampouco se computarán as xornadas, congresos, seminarios ou cursos de duración inferior a dez horas.

O tribunal cualificador poderá requirirlles ás persoas aspirantes que acrediten a verificación dos extremos recollidos na documentación presentada, ademais de cantas precisións estimen oportunas.

As persoas candidatas que accedan con titulacións de Licenciatura, Arquitectura ou Enxeñería (títulos pre-Boloña) que teñan un certificado da súa correspondencia co nivel 3 MECES (Marco español de cualificación para a educación superior) terán unha puntuación de 0,50 puntos, equivalente a un máster universitario.

O enlace á web do Ministerio onde se publica o catálogo de titulacións homologadas ao nivel de máster é o seguinte:

http://www.culturaydeporte.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/gestiontitulos/estudios-universitarios/titulos-espanoles/202058.html

Nesta fase só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente no día e na hora que sinale o concello.

No caso de empate entre as puntuacións das persoas aspirantes a orde de prelación determinarase dándolle preferencia á muller naqueles casos en que se produza unha infrarrepresentación do sexo feminino, nos termos establecidos no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. No caso de que o citado precepto non resulte aplicable ou persista o empate tras a súa aplicación, resolverase o empate en función da nota media global do expediente académico e, de persistir este, pola puntuación acadada nos seguintes apartados.

As puntuacións outorgadas publicaranse na sede electrónica ou páxina web do concello xunto coa relación de candidaturas seleccionadas por orde decrecente para cada posto de traballo ofertado, e indicaranse as persoas candidatas seleccionadas e as correspondentes suplentes.

As persoas candidatas poderán formular, ante o tribunal cualificador, as alegacións que estimen oportunas no prazo de dous días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación na sede electrónica ou páxina web.

Examinadas as alegacións presentadas, o tribunal cualificador publicará a relación definitiva de persoas candidatas, por orde de maior a menor puntuación, coa correspondente proposta de contratación baixo a modalidade de contrato formativo, para cada posto de traballo ofertado.

Catoira, 31 de Maio de 2022

O Alcalde

ANUNCIO 1º EXPERIENCIA PROFESIONAL

APROBACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2022

Conforme ao disposto no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto do Empregado Público, procédese á publicación da Oferta de Emprego Público do Concello de Catoira para 2022, aprobada por Resolución da Alcaldía-Presidencia de data 31 do pasado mes de xaneiro:

a) Persoal laboral fixo: Peón de servizos varios.

Número de vacantes: 1.

Categoría: 5.

Quenda de acceso: Concurso-oposición libre.

b) Persoal laboral fixo a tempo parcial: Auxiliar administrativo.

Número de vacantes: 1.

Categoría: 4.

Quenda de acceso: Concurso oposición (art. 2, Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Top