ANUNCIO CRITERIOS DE SELECCIÓN “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2023-2024

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 2 de xuño de 2023 adoptou o acordo de outorgar ao Concello de Catoira a condición de entidade colaboradora do Proxecto “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2023-2024, para a realización da actuación denominada “Equipo de Servizos socieducativos 2023-24”.

Para a realización deste proxecto cumpre a contratación (modalidade de contrato formativo) de dúas/dous traballadoras/es coas seguintes titulacións:

– 1 Técnico Superior en Educación Infantil (Ciclo superior de Formación Profesional)

– 1 Mestra/e en educación primaria (Licenciatura, grao ou diplomatura)

Os contratos formativos poderán concertarse con aquelas persoas que reúnan os seguintes REQUISITOS:

a) Que estean en posesión d.

b) Que estean inscritos como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego.

c) Estar empadroados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra con anterioridade á data de publicación da propia convocatoria no BOPPO.

d) Que no momento da contratación non transcorresen máis de tres anos, ou máis de cinco cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos.

e) Que non obtivera experiencia profesional ou realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da entidade por un tempo superior a tres meses, sen que se computen a estes efectos os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo esixido para a obtención da titulación que habilita esta contratación.

f) Que non estean contratadas ou contratados en prácticas no momento da selección nalgún dos programas que contemplen contratos en prácticas ou formativos da Deputación de Pontevedra.

g) Non haber estado contratada na mesma ou distinta entidade en virtude da mesma titulación.

Tampouco na mesma entidade para o mesmo ou distinto posto aínda que se trate de titulacións distintas.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego, e levarase a cabo conforme aos seguintes criterios:

a) Expediente académico: ata un máximo de 4,00 puntos, segundo a nota media calculada para as titulacións universitarias polo Real decreto 1125/2003, de 5 de setembro, e para os ciclos de formación profesional polo Real decreto 1147/2011, de 29 de xullo. No caso de que a media
dalgunha das titulacións convocadas non fose calculada polas normas referidas ou esta non se especifique valorarase con 0,00 puntos.

b) Por ter un doutoramento relacionado co contido do posto: 2,00 puntos.

c) Por cada título oficial de máster universitario ou título propio da universidade de máster relacionado co contido do posto: 0,50 puntos cada un, ata un máximo de 1 punto.

d) Por posuír unha titulación académica oficial distinta e relacionada co posto de traballo que se vai desempeñar, de nivel igual ou superior á esixida para a formalización do contrato formativo: 0,50 puntos por título, ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior nin as de máster ou doutoramento).

e) Por asistir a cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou da Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto que se vai desempeñar (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo nacional de formación continua): ata un máximo de 2 puntos, que se computarán do seguinte xeito:

  • De máis de 150 horas duración: 0,30 puntos por curso
  • De entre 100 e 150 horas de duración: 0,25 puntos por curso
  • De entre 60 e 99 horas de duración: 0,20 puntos por curso
  • De entre 30 e 59 horas de duración: 0,15 puntos por curso
  • De entre 10 e 29 horas de duración: 0,10 puntos por curso
  • Por acreditar o nivel de coñecemento da lingua galega co Celga 3 nos postos de ciclo superior ou medio ou 4 nos de licenciatura, grao ou diplomatura: 0,50 puntos

Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas ou créditos.

Tampouco se computarán as xornadas, congresos, seminarios ou cursos de duración inferior a dez horas.

O tribunal cualificador poderá requirirlles ás persoas aspirantes que acrediten a verificación dos extremos recollidos na documentación presentada, ademais de cantas precisións estimen oportunas.

As persoas candidatas que accedan con titulacións de Licenciatura, Arquitectura ou Enxeñería (títulos pre-Boloña) que teñan un certificado da súa correspondencia co nivel 3 MECES (Marco español de cualificación para a educación superior) terán unha puntuación de 0,50 puntos,
equivalente a un máster universitario.

O enlace á web do Ministerio onde se publica o catálogo de titulacións homologadas ao nivel de máster é o seguinte:

http://www.culturaydeporte.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/gestiontitulos/estudios-universitarios/titulos-espanoles/202058.html

Nesta fase só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente no día e na hora que sinale o concello.

No caso de empate entre as puntuacións das persoas aspirantes a orde de prelación determinarase dándolle preferencia á muller naqueles casos en que se produza unha infrarrepresentación do sexo feminino, nos termos establecidos no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. No caso de que o citado precepto non resulte aplicable ou persista o empate tras a súa aplicación, resolverase o empate en función da nota media global do expediente académico e, de persistir este, pola puntuación acadada nos seguintes apartados.

As puntuacións outorgadas publicaranse na sede electrónica ou páxina web do concello xunto coa relación de candidaturas seleccionadas por orde decrecente para cada posto de traballo ofertado, e indicaranse as persoas candidatas seleccionadas e as correspondentes suplentes.

As persoas candidatas poderán formular, ante o tribunal cualificador, as alegacións que estimen oportunas no prazo de dous días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación na sede electrónica ou páxina web.

Examinadas as alegacións presentadas, o tribunal cualificador publicará a relación definitiva de persoas candidatas, por orde de maior a menor puntuación, coa correspondente proposta de contratación baixo a modalidade de contrato formativo, para cada posto de traballo ofertado.

Para cubrir os postos de traballo ofertados presentaranse as correspondentes ofertas na Oficina de Emprego correspondente. As persoas remitidas como candidatas deberán presentar no Concello de Catoira un Curriculum Vitae actualizado así como a proba documental de tódolos méritos alegados para concurrir á selección no prazo que lles será indicado.

Catoira, 6 de Xuño de 2023

O Alcalde

ANUNCIO CRITERIOS DE SELECCIÓN

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA AO ABEIRO DO PROXECTO PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2023/2024

A Deputación Provincial de Pontevedra ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro do Proxecto PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2023/2024 no marco do Programa Plan de Fomento da Empregabilidade, una subvención de 31.200,00 euros (14.300,00 euros para a anualidade 2023 e 16.900,00 euros para a anualidade 2024) para a realización do proxecto “Equipo de servizos socioeducativos 2023-2024”, que suporá a contratación de 2 mozas/os (1 diplomada/o universitaria/o e 1 ciclo superior de formación profesional).

A subvención foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 2 de xuño de 2023 ao abeiro do citado Proxecto, e comunicada á administración municipal o pasado día 5 de xuño.

O proxecto iniciarase o 15 de xullo de 2023 e terá una duración de 12 meses. O pagamento da citada subvención farase en dúas fases, unha ao inicio do proxecto e outra ao final do mesmo, una vez remitida a documentación xustificativa na forma e prazo indicados nas bases reguladoras do citado proxecto.

O ALCALDE-PRESIDENTE

ANUNCIO SUBVENCIÓN

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CATOIRA AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2023

A Deputación Provincial de Pontevedra ven de conceder ao Concello de Catoira, ao abeiro do PLAN CONCELLOS PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2023 (LIÑA 3), unha subvención por importe de 97.198,35 €, para a realización do proxecto “BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS 2023”, e suporá a contratación De 10 traballadores/as.

As subvención foi concedida pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial na sesión ordinaria do 23 de decembro de 2022, logo de ser solicitada polo Concello de Catoira ao abeiro da devandita convocatoria, e comunicada á administración municipal o pasado día 29 de decembro.

O proxecto, iniciouse o pasado 16 de xaneiro e rematará o 31 de decembro do presente. O pagamento da citada subvención farase unha vez remitida á Deputación Provincial a documentación xustificativa na forma e prazo indicado nas Bases Reguladoras do citado Plan.

Catoira, 23 de xaneiro de 2023
O ALCALDE-PRESIDENTE

ANUNCIO PUBLICIDADE PLAN CONCELLOS EMPREGO

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS AO PROCESO SELECTIVO CONVOCADOS PARA A PROVISIÓN DE DÚAS PRAZAS DE PEÓNS DE SERVICIOS VARIOS.

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

No taboleiro de anuncios deste Concello e no Boletín Oficial da Provincia número 206, de 27 de outubro de 2022, publicáronse as Bases da convocatoria da oposición para prover, polo sistema de oposición libre, dúas prazas de peóns de servicios varios vacantes no cadro de persoal laboral deste concello de Catoira, e unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, non se atopa en ningunha delas motivo de exclusión, polo que de acordo co previsto nas Bases da convocatoria e no uso das facultades que esta Alcaldía ten atribuídas conforme ao artigo 21.1.g) da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local,

R E S O L V O:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos en dito proceso selectivo que queda como segue:

Aspirantes definitivamente admitidos:

 

APELIDOS, Nome DNI
1 AGEITOS CALVO, Antonio 76xxxx14Z
2 CATOIRA MOREIRAS, Jorge 35xxxx88T
3 TORNAY FERREIRÓS, Edgar 35xxxx74B
4 ALONSO LÓPEZ, Miguel 35xxxx71H
5 MIGUÉNS FERREIRA, Óscar 76xxxx57E
6 CABALEIRO CARAMÉS, Alberto 36xxxx41B
7 COLLAZO BRAGADO, Damiana 39xxxx69N
8 LARANGA NIETO, Martín 53xxxx23G
9 MATÍA CARLÉS, Ian Martín 35xxxx50S
10 BOUZÓN CONDE, Iván 35xxxx88V
11 ROMERO LAGO, Rubén 35xxxx03V
12 SOMOZA DIESTE, Joaquín 76xxxx58Q
13 LÓPEZ FERNÁNDEZ, Juán Antonio 35xxxx84P
14 FRANCOS LIÑARES, Xurxo 44xxxx88M
15 SEIJO PORTELA, José Manuel 35xxxx92J
16 ARAGUNDE REY. Avelino 76xxxx33K
17 LORENZO BOUZAS, Silvia 35xxxx64S
18 FARIÑA DOMÍNGUEZ, Manuel 35xxxx94X
19 REGUEIRO FERREIRA, Manuel 44xxxx14M
20 SABARÍS ARES, Victor Manuel 76xxxx45H
21 ABALO LORENZO, Recio María 35xxxx69E
22 ABAL CHAVES, Reinaldo 35xxxx48F
23 CEBREIRO GARCÍA, Miguel Ángel 52xxxx99Z

 

Aspirantes definitivamente excluídos e motivo da exclusión: Non hai aspirantes excluídos.

 

SEGUNDO.- Designar aos membros que integrarán o tribunal cualificador, e determinar a data, lugar e hora de celebración do primeiro exercicio:

 

TRIBUNAL CUALIFICADOR:

Presidente/a:

Titular: Don Joaquín Javier Gago López, secretario-interventor do concello de Catoira.

Suplente: Dona María José Pardal Castiñeiras, traballadora social do concello de Catoira.

Secretario/a:

Titular: Don Ramón Bouzas Castaño, administrativo de administración xeral do concello de Catoira.

Suplente: Dona María Dolores Ferreirós Loureiro, auxiliar administrativo do concello de Catoira.

Vogais:

Titular: Dona María Elisa Castiñeiras Isorna, axente de emprego e desenvolvemento local e cultural do concello de Catoira.

Suplente: Dona María Estefanía Pérez Longo, auxiliar administrativa do concello de Catoira.

Titular: Don José Carlos Conde Coira, tesoureiro do concello de Catoira.

Suplente: Dona María Mercedes Costa López, auxiliar administrativo do concello de Catoira.

Titular: Dona Paula García Pérez, educadora familiar do concello de Catoira.

Suplente: Dona Mónica Vilas Cerneira, animadora sociocultural do concello de Catoira.

O primeiro exercicio terá lugar o día 24 de xaneiro de 2023, ás 11,00 horas nas instalacións do Edificio Multiusos de Catoira (Rúa do Concello, número 1).

Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a súa práctica.

Contra esta Resolución poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación (artigos 112 e 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), ou ben un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e todo isto sen prexuízo de que se poida utilizar calquera outro recurso que se estime conveniente.

 

TERCEIRO.- Ordenar a súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello de Catoira e na sede electrónica da entidade:

https://catoira.sedelectronica.gal/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/, aos efectos oportunos.

O manda e asina o Sr. Alcalde-Presidente, en Catoira, a 2 de xaneiro de dous mil vinte e tres.

 

O ALCALDE-PRESIDENTE

Asdo. Alberto García García.

 

Arquivo en pdf: [RESOLUCIÓN ALCALDÍA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS]

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS AO PROCESO SELECTIVO CONVOCADOS PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

No taboleiro de anuncios deste Concello e na sede electrónica da entidade:

https://catoira.sedelectronica.gal/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/, publicouse a Resolución da Alcaldía de data 23 de novembro de 2022 aprobando a lista provisional de admitidos e excluídos ao proceso selectivo convocado para prover, polo sistema de oposición libre, unha praza de Persoal de Servizos Xerais neste concello, e unha vez rematado o prazo para presentar emendas ou reclamacións, de acordo co previsto nas Bases da convocatoria e no uso das facultades que esta Alcaldía ten atribuídas conforme ao artigo 21.1.g) da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local,

 

R E S O L V O:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos en dito proceso selectivo que queda como segue:

Aspirantes definitivamente admitidos:

 

APELIDOS, Nome DNI
1 MÉNDEZ CORDEIRO, María Elena 53xxxx95A
2 DASILVA PÉREZ, José Manuel 76xxxx57W
3 CORTIÑAS CASAL, César 45xxxx48F
4 CABARCOS BERMÚDEZ, Delia 34xxxx19F
5 ARAGUNDE REY, Avelino 76xxxx33K
6 SEIJO PORTELA, José Manuel   35xxxx92J
7 VILA RODRÍGUEZ, Mariña  44xxxx29D
8 PORTOS DOMÍNGUEZ, María Teresa 76xxxx00C
9 IGLESIAS VÁZQUEZ, Vanessa 53xxxx78D
10 FRANCOS LIÑARES, Xurxo 44xxxx88M
11 ABAL CHAVES, Reinaldo 35xxxx48F
12 GONZÁLEZ DA BARCA, María de las Mercedes 53xxxx42A
13 OTERO GONZÁLEZ, Juán Bautista 76xxxx77H
14 LAREU CRESPO, Diego 35xxxx74B
15 CONDE FERNÁNDEZ, José Manuel 36xxxx80V
16 RECOUSO PIÑEIRO, Manuel 33xxxx59T
17 LÓPEZ FERNÁNDEZ, Juán Antonio 35xxxx84P
18 PÉREZ DÁVILA, Margarita 76xxxx35Y
19 DALAMA LAMA, Jacobo 34xxxx11W
20 DACOSTA ARGIBAY, María José 36xxxx39S
21 GARCÍA FERREIRO, Heitor 44xxxx17L
22 CIOBOTARU, Isabelle X8xxxx82Q
23 NOVAS TREVIÑO, José 35xxxx84H
24 ARES LÓPEZ, Jesús Ángel 53xxxx07D
25 CORREA ABUÍN, Sara 76xxxx20A
26 REY GRILLE, Francisco 45xxxx84B
27 GALÁN PASEIRO, Tania 47xxxx72H
28 CASTIÑEIRAS MONGRAGÓN, Juán Manuel 76xxxx11W
29 DÍAZ MIRAS, María del Carmen 32xxxx77T
30 CRISTOBALENA PINTOR, Beatriz 33xxxx06J
31 MATÍA CARLÉS, Ian Martín 35xxxx50S
32 PENA SILVA, David 33xxxx50H
33 CABALEIRO CARAMÉS, Alberto 36xxxx41B
34 COLLAZO BRAGADO, Damiana 39xxxx69N
35 PAZ BOO, Rosa Ana 52xxxx28M
36 BOUZÓN CONDE, Iván 35xxxx88V
37 GONZÁLEZ FALCÓN, Lorena 76xxxx80Z
38 RODRÍGUEZ FARIÑA, José Ignacio 52xxxx75A
39 GARCÍA QUINTÁNS, Carlos Valentín 35xxxx84J
40 LOUREIRO PLACER, Ana Isabel 35xxxx71E
41 MILLÁN CASTELLANO, Ismael 77xxxx39R
42 GONTÁ SOBRINO, Xurxo 36xxxx38L
43 GARRIDO TORRES, Lorena 35xxxx11D
44 CORNADO RODRÍGUEZ, Lucia 45xxxx38V
45 COIRA CHORÉN, Andrea 35xxxx61Z
46 GARCÍA GARCÍA, Ángela 45xxxx53B
47 CASTRO GIGIREY, María del Pilar 33xxxx26N
48 LOUREIRO ABALO, María Rocío 35xxxx08P
49 GOMEZ LOUREIRO, Jacobo 35xxxx10N
50 GAYO FUENTES, José Eugenio 53xxxx92G
51 TEIGA FERNÁNDEZ, Vanesa 35xxxx00Z
52 FERREIRÓS DEVESA, Francisco 35xxxx83Q
53 MIGUÉNS FERREIRA, Óscar 76xxxx57E
54 ALBORÉS OVIDE, Diego 52xxxx05P
55 CANCELA RUIBAL, Sabela 53xxxx50Y
56 CATOIRA MOREIRAS, Jorge 35xxxx88T
57 DURO CASTRO, Paula 78xxxx26M
58 MONTAGUT ROSELLÓ, Carles 46xxxx25K

 

Aspirantes definitivamente excluídos e motivo da exclusión:

 

APELIDOS, Nome D.N.I. Motivos da Exclusión
1 FIGUEIRA LOSADA, Columba 52xxxx09k Solicitude presentada fora de prazo

 

Os aspirantes excluídos da relación de admitidos terán dereito ao reintegro dos dereitos de exame que tiveran abonado.

SEGUNDO.- Designar aos membros que integrarán o tribunal cualificador, e determinar a data, lugar e hora de celebración do primeiro exercicio:

TRIBUNAL CUALIFICADOR:

Presidente/a:

Titular: Don Joaquín Javier Gago López, secretario-interventor do concello de Catoira.

Suplente: Dona María Dolores Ferreirós Loureiro, auxiliar administrativo do concello de Catoira.

Secretario/a:

Titular: Don Ramón Bouzas Castaño, administrativo de administración xeral do concello de Catoira.

Suplente: Don José Carlos Conde Coira, tesoureiro do concello de Catoira.

Vogais:

Titular: Dona María José Pardal Castiñeiras, traballadora social do concello de Catoira.

Suplente: Don Carlos José Touriño Criado, operario de servizos municipais do concello de Catoira.

Titular: Dona Paula García Pérez, educadora familiar do concello de Catoira.

Suplente: Dona María Elisa Castiñeiras Isorna,  axente de emprego e desenvolvemento local e cultural do concello de Catoira.

Titular: Dona María Estefanía Pérez Longo, auxiliar administrativa do concello de Catoira.

Suplente: Dona María Mercedes Costa López, auxiliar administrativo do concello de Catoira.

O primeiro exercicio terá lugar o día 19 de decembro de 2022, ás 11,00 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos de Catoira (Rúa do Concello, número 1).

Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a súa práctica.

Contra esta Resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación (artigos 112 e 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), ou ben un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e todo isto sen prexuízo de que se poida utilizar calquera outro recurso que se estime conveniente.

 

TERCEIRO.- Ordenar a súa publicación, aos efectos oportunos, no taboleiro de anuncios do Concello de Catoira e na sede electrónica da entidade:

https://catoira.sedelectronica.gal/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/

Mándao e asina o Sr. Alcalde-Presidente, en Catoira, a doce de decembro de dous mil vinte e dous.

 

O ALCALDE-PRESIDENTE

Asdo. Alberto García García.

 

Consulta aquí o arquivo en pdf: RESOLUCIÓN ALCALDÍA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA APROBANDO A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS AO PROCESO SELECTIVO CONVOCADOS PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.

No seguinte enlace podese consultar a lista provisional de admitidos e excluídos, o que se lles concede un prazo de DEZ DÍAS HÁBILES, contados a partir do día seguinte da publicación da Resolución (ata o 9/12/2022), a fin de que os/as aspirantes excluídos/as poidan emendar os defectos que motivaron a súa exclusión, así como presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Resolución_Decreto de Alcaldía LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

CONVOCATORIA DE DÚAS PRAZAS DE PEÓN DE SERVIZOS VARIOS DE PERSOAL LABORAL FIXO

Resolución do 4 de novembro de 2022, do Concello de Catoira (Pontevedra), referente á convocatoria para prover varias prazas.
No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 206, do 27 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
Dúas prazas de Peón de Servizos Varios de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello de Catoira e na súa sede electrónica, na forma prevista nas propias bases.
INICIO: 11/11/2022
FIN: 30/11/2022

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A CONVOCATORIA DE PROVISIÓN DE PRAZA, DO 30/10/2022 AO 18/11/2022

No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra», número 199, do 18 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:

Unha praza de Persoal de Servizos Xerais, vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de Catoira, incluída na oferta de emprego público do ano 2022, categoría V, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no «Boletín Oficial do Estado». Publicado o 29 de outubro de 2022, o prazo comeza o 30/10/2022 e termina o 18/11/2022

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» e o Taboleiro de Anuncios do Concello.

Catoira, 18 de outubro de 2022.

O ALCALDE-PRESIDENTE

Asdo. Alberto García García.

PUBLICACION BOE 29-10-22

ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE, POR OPOSICIÓN LIBRE, DUNHA PRAZA DE PERSOAL LABORAL FIXO VACANTE E INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2022.

Mediante Resolución da Alcaldía de data do 10 de outubro de 2022, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, por oposición libre, dunha praza de persoal laboral fixo vacante no Concello de Catoira e incluída na oferta de emprego público de 2022, coas seguintes características:

Denominación: Persoal de Servizos Xerais.

Número de vacantes: 1; Categoría: V

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 199, do 18 de outubro de 2022, publicáronse as referidas bases na súa integridade (accesibles na páxina web do Concello de Catoira)

Prazo de presentación das solicitudes: vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado (Pendente de publicación).

Non se admiten pagos de taxas ata que se inicie o prazo de presentación de solicitudes.

Catoira, 20 de outubro de 2022.

O ALCALDE-PRESIDENTE.

BASES_DA_CONVOCATOIRA_PERSOAL_SERVIZOS_XERAIS

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA (1) PRAZA VACANTE NO CADRO DE PERSOAL LABORAL FIXO DO CONCELLO DE CATOIRA, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2022

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA (1) PRAZA VACANTE NO CADRO DE PERSOAL LABORAL FIXO DO CONCELLO DE CATOIRA, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2022

O Sr. Alcalde, en virtude das súas competencias en materia de persoal, ditou a seguinte:

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

De conformidade co establecido no artigo 34.g da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, así como na Lei 5/2015, de 30 de outubro, pola que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público,

RESOLVO:

Aprobar a convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha (1) praza de Persoal de Servizos Xerais, vacantes no cadro de persoal laboral fixo do Concello da Catoira, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, que se rexerá polas seguintes Bases:

BASES DA CONVOCATORIA DA OPOSICIÓN DE UNHA (1) PRAZA DE PERSOAL LABORAL FIXO, PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.

PRIMEIRA.- OBXETO DA CONVOCATORIA.

É obxecto da presente convocatoria a cobertura en propiedade, como persoal laboral fixo e a tempo completo, mediante o sistema de oposición libre, de unha (1) praza de Persoal de Servizos Xerais, Categoría V.

A prazas áchase dotada co soldo correspondente á categoría V, pagas extraordinarias, trienios e complementos que correspondan con arranxo á lexislación vixente, e está adscrita a servizos de carácter xeral, dependentes da Alcaldía e da Secretaría-Intervención, e as funcións que terá encomendadas, entre outras, serán as seguintes:

• Colaboración na conservación e mantemento das distintas dependencias municipais, especialmente as destinadas ás actividades sociais, culturais e deportivas.

• Colaboración na programación, organización e desenvolvemento de actividades sociais, culturais e deportivas.

• Apertura e peche de instalacións municipais, especialmente as destinadas ás
actividades sociais, culturais e deportivas.

• Colaboración na conservación e mantemento de equipos informáticos municipais e instalación de sofware.

• Conservación e mantemento de equipamento cultural e deportivo.

• Xestión de redes sociais.

• Xestión e actualización da web municipal.

• Soporte técnico en espectáculos culturais no auditorio municipal.

• Colaboración na xestión de reservas de locais públicos.

• Colaboración na reparación e mantemento de equipos no CACTO.

• Organización de reunións / protocolo / axenda autoridades.

• Xestión e proposta de adquisición de suministros de limpeza e outras.

• Pesaxe e envío de paquetería.

• Elaboración de listados de destinatarios de correo.

• Xestión de patrocinios culturais.

• Colaboración e apoio loxístico na biblioteca municipal.

• Xestión e apoio loxístico de CCTV e cámaras de seguridade.

• Documentación e catalogación gráfica de actos públicos.

• Xestión e resolución de incidencias no servizo telefónico.

E todas aquelas tarefas análogas e complementarias que lle sexan asignadas polos seus superiores, relacionadas coas funcións propias do posto, e para as que estean capacitadon ou se llen instrúa e/ou capacite para a súa realización.

SEGUNDA.- SISTEMA DE ACCESO E PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.

A selección dos aspirantes á praza ofertada efectuarase polo sistema de oposición libre.

TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

3.1 Os aspirantes deberán posuír, de conformidade co disposto no artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e no día en que remate o prazo para a presentación de solicitudes de participación, os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española, ou atoparse comprendido no eido do disposto nos artigos 57 do devandito Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, e 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.

b) Ter cumpridos os dezaseis (16) anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión do título de Certificado de Escolaridade ou equivalente, conforme ao esixido no artigo 169.2.d) do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

As equivalencias deberán de acreditarse polos aspirantes, e aqueles con titulacións obtidas no estranxeiro, terán que acreditar que están en posesión da correspondente homologación.

d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas de persoal de servizos varios, non padecer ningunha enfermidade nin estar afectada por ningunha limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

f) Estar en posesión, como mínimo, do permiso de conducir clase B, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias, e estar disposto/a a conducir vehículos desa categoría do xeito que lle sexa requirido para o desempeño do seu traballo.

g) Estar en posesión do CELGA 1, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias.

En todo caso, e segundo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os/as aspirantes que non acrediten dito coñecemento da Lingua Galega requirido (CELGA 1), ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de instancias, deberán realizar unha proba específica de coñecemento de lingua galega, de conformidade ao previsto para o segundo exercicio da fase de oposición (Base 7ª.5.C), e que cualificará ao/á aspirante como apto ou non apto.

h) Ter aboado os dereitos de exame por importe de 10 euros, que deberá efectuarse mediante ingreso na conta do Concello núm. ES04 2080 5109 0530 4000 1239.

3.2 Os requisitos precedentes deberán posuírse no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias e mantelos ata o momento de toma de posesión como persoal fixo deste Concello. Cando se trate de requisitos de capacidade para o desempeño das funcións públicas tamén deberán conservarse ao longo da vida laboral.

CUARTA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.

4.1 As persoas que, cumprindo os requisitos sinalados no apartado anterior, desexen tomar parte no proceso selectivo, deberán facelo constar mediante instancia/solicitude de participación que se axustará ao modelo que figura como Anexo I desta convocatoria, e deberá presentarse no prazo de VINTE (20) DÍAS NATURAIS contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (en adiante, BOP), no taboleiro de anuncios do Concello de Catoira e na páxina web do concello. O anuncio da convocatoria tamén se publicará, mediante extracto, no Diario Oficial de Galicia.

4.2 A dita instancia deberá acompañarse a seguinte documentación:

• Fotocopia cotexada do DNI.

• Fotocopia cotexada da titulación académica esixida.

• Acreditación documental de posuír, de ser o caso, o coñecemento da lingua galega requirido, segundo ao sinalado na Base Terceira g).

• Acreditación documental de posuír o permiso de conducir clase B requerido, segundo ao sinalado na Base Terceira f).

• Xustificante do pago dos dereitos de exame ou de estar exento/a do pago dos mesmos.

4.3 A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Catoira, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, ou na sede electrónica do concello
(https://catoira.sedelectronica.gal/info.0) (Instancia Xeral).

As instancias tamén poderán ser presentadas nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas.

4.4 As solicitudes subscritas por persoas de nacionalidade española no estranxeiro poderán cursarse no prazo sinalado a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que llas remitirán seguidamente ao organismo competente.

4.5 As persoas con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e, no seu caso, solicitarán as posibles adaptacións de tempo e de medios para realizar os exercicios nos que a adaptación fose necesaria.

4.6 As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, sexa de oficio ou a instancia de parte.

QUINTA.- ADMISIÓN DE PARTICIPANTES.

5.1 Finalizado o prazo dos vinte días naturais sinalado para presentar as solicitudes, a Alcaldía ditará Resolución, aprobando a lista provisional de admitidos e excluídos, cos nomes, apelidos e causa de exclusión. Esta Resolución, como as restantes e sucesivos anuncios derivados desta convocatoria e proceso selectivo, así como das actuacións do Tribunal, publicaranse únicamente no taboleiro de anuncios do Concello do Concello de Catoira e na sede electrónica da entidade:

https://catoira.sedelectronica.gal/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, os defectos que motivasen a exclusión e/ou formular reclamacións. Rematado o citado prazo, a Alcaldía emitirá Resolución pola que que aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos ao proceso selectivo.

No caso de que non houbese ningún aspirante excluído, a Alcaldía dictará Resolución aprobando a lista definitiva de admitidos. Na mesma Resolución determinarase a composición nominal dos membros do Tribunal cualificador así como o lugar e a data de comezo das probas. Esta Resolución publicarase no taboleiro de anuncios do Concello de Catoira e na sede electrónica.

Contra a resolución da Alcaldía, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación (artigos 112 e 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedimento Administrativo Común das Administracións Públicas), ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.

SEXTA.- ÓRGANOS DE SELECCIÓN.

6.1 Os membros do Tribunal Cualificador deste proceso selectivo serán designados pola Alcaldía segundo o disposto no artigo 4, apartados e) e f), do Real Decreto 896/91, do 7 de xuño, e cumprirán as determinacións previstas no artigo 60.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, en canto a que serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e se tenderá, así mesmo, á paridade entre muller e home. Ademáis, o Tribunal Cualificador deberá cumprir as esixencias legais que contempla o artigo 59 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia.

O tribunal cualificador estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, sen que poida exercerse en representación nin por conta de ninguén. O Tribunal estará integrado por:

• Presidente/a: un/ha funcionario/a ou persoal laboral fixo do Concello de Catoira ou de calquera outro Concello ou Administración Pública, pertencente a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual
ou superior ao esixido para participar no proceso selectivo.

• Secretario/a: un/ha funcionario/a ou persoal laboral fixo do Concello de Catoira ou de calquera outro Concello ou Administración Pública, pertencente a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao esixido para participar no proceso selectivo.

• Tres (3) Vogais, funcionarios/as de carreira ou persoal laboral fixo do Concello de Catoira ou de calquera outro Concello ou Administración Pública, pertencente a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao esixido para participar no proceso selectivo.

Todos os membros do Tribunal, incluido o/a Secretario/a, terán voz e voto.

6.2 A composición nominal dos membros do Tribunal Cualificador farase pública coa Resolución aprobando a lista definitiva de admitidos ao proceso, que será publicada no taboleiro de anuncios do Concello de Catoira e na sede electrónica.

Así mesmo, na Resolución na que se designe a composición nominal do Tribunal, nomearanse suplentes de cada un dos seus membros.

6.3 O Tribunal Cualificador non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, a lo menos, tres dos seus membros (titulares ou suplentes, indistintamente) e, en todo caso, coa asistencia do/a Presidente/a e do/a Secretario/a, titulares ou suplentes. En caso de ausencia da Presidenta ou Presidente titular ou suplente actuará no seu lugar o vogal designado en primeira orde. Do mesmo xeito se suplirá a ausencia da Secretaria ou Secretario.

6.4 Os membros do Tribunal Cualificador deberán absterse de intervir, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no art. 23 da Lei 40/2015, de Réxime Xurídico do Sector Público e no artigo 13.2 do RD 364/1995 polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios da Administración Xeral do Estado.

6.5 Así mesmo, os aspirantes, poderán recusar aos membros do Tribunal cando nos mesmos concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención de conformidade co establecido no art. 24 da Lei 40/2015.

6.6 O Tribunal quedará facultado para resolver as dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas bases e o no previsto nelas, e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo que mellor garanta a preservación dos principios de igualdade, mérito e capacidade.

6.7 A actuación do tribunal rexerase polo disposto nas presentes bases e nos artigos 15 e seguintes da citada Lei 40/2015. En todo caso, as decisións adoptaranse por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo, en caso de empate, o voto de calidade do Presidente.

6.8 O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas, para todas ou algunha/s das probas que compoñen o proceso selectivo. Neste caso, os/as asesores/as terán dereito ás indemnizacións previstas para os vogais.

Así mesmo, o Tribunal que actúe nestas probas terá a categoría terceira, de conformidade co establecido no Real Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo (artigo 30 e anexo IV).

6.9 Contra os actos e decisións do Tribunal que imposibiliten a continuación do procedemento para o/a interesado/a ou produzan indefensión, poderase interpoñer recurso de alzada ante a Alcaldía, de conformidade co establecido no artigo 121 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e iso sen prexuízo da interposición de calquera outros recursos que se estimen oportunos.

SÉTIMA.- PROBAS SELECTIVAS.

7.1 O sistema selectivo dos/as aspirantes será o de oposición libre.

7.2 Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento de publicación no BOP da Provincia das presentes bases conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

7.3 Os aspirantes deberán acudir á celebración dos exercicios provistos do seu Documento Nacional de Identidade ou documento equivalente, podendo o tribunal requirilos en calquera momento para que acrediten a súa identidade.

7.4 Os aspirantes serán convocados en chamamento único, e salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal, a non presentación de un aspirante a calquera dos exercicios obrigatorios no momento de ser chamado, determinará automaticamente a perda do seu dereito a participar nos exercicios e, en consecuencia, quedará excluído do proceso selectivo.

7.5 O procedemento de selección, oposición libre, constará dos seguintes exercicios:

A) Primeiro Exercicio: De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario, tipo test, de 30 preguntas, con catro (4) respostas alternativas, baseadas no contido do programa da convocatoria durante un período de 30 minutos.

Este exercicio puntuarase de cero (0) a trinta (30) puntos e para aprobar será preciso acadar un mínimo de quince (15) puntos.

Cada resposta acertada valorarase a razón de un (1) punto. As respostas en blanco non se penalizarán. As erróneas, penalizarán a razón de descontar 0,25 puntos por cada resposta incorrecta.

O cuestionario de preguntas que se propoña aos aspirantes, conterá tres (3) preguntas tipo test de reserva, as cales sustituiran pola súa orde a aquelas preguntas que, no seu caso, acorde o tribunal anular unha vez iniciada a execución do exercicio polos aspirantes.

C) Segundo exercicio: Proba de galego.

Os/as aspirantes que non demostren o coñecemento da lingua galega a través do correspondente certificado (Celga 1 ou equivalente) terán que realizar obligatoriamente unha proba específica que demostre tal coñecemento, consistente nunha tradución do castelán ao galego, sen axuda de dicionario, dun texto elixido polo tribunal e nun tempo máximo de dez (10) minutos. A tradución será lida pola persoa aspirante diante do tribunal.

Neste exercicio valorarase a corrección da tradución e a pronunciación da lingua galega, así como a realización da tradución completa no tempo indicado. A cualificación deste exercicio será de apto/a ou non apto/a.

OITAVA.- CUALIFICACIÓN FINAL.-

As cualificacións de cada exercicio da oposición faranse públicas o mesmo día en que se acorden por parte do Tribunal, e serán expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Catoira e na sede electrónica.

A cualificación de cada un dos exercicios da oposición será a media aritmética das puntuacións outorgadas por los membros asistentes do Tribunal. Cando entre dúas puntuacións outorgadas exista unha diferencia superior a tres enteiros, serán automaticamente excluídas as dúas cualificacións, maior e menor das puntuacións outorgadas, calculándose a media aritmética coas puntuacións outorgadas polos demais membros do Tribunal.

Á cualificación obtida polos/as aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios, determinará a puntuación final, e a lista de clasificación definitiva se ordenará, de maior a menor, conforme á citada puntuación final.

No suposto de empate nas puntuacións totais finais entre dous ou máis aspirantes este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e, se isto non fose suficiente, a puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que o empate se resolva. De persistir, resolverase o empate por sorteo.

Todo isto sen prexuízo do disposto no Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

OITAVA.- LISTAXE DE APROBADOS, ACHEGA DE DOCUMENTOS E TOMA DE POSESIÓN.

8.1 Rematada a cualificación dos opositores, o Tribunal de selección fará pública, no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica, a relación de aprobados por orde de puntuación, formulando proposta de nomeamento, como persoal laboral fixo, daqueles aspirantes que acaden a maior puntuación final.

8.2 Cando se produza renuncia dalgún aspirante seleccionado ou a anulación das súas actuacións antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir ao Tribunal de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan ao proposto, para o seu posible nomeamento como funcionario/a de carreira.

8.3 Os/As aspirantes propostos/as presentarán no Concello de Catoira, dentro dun prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións para tomar parte na oposición que se esixen na Base Terceira da convocatoria e que son:

• Documento Nacional de Identidade ou número de identidade estranxeiro en vigor.

• Fotocopia, que deberá presentarse acompañada do orixinal para a súa compulsa, do título académico oficial esixido.

• Certificado médico que acredite posuír capacidade funcional para o desempeño das funcións de Peón de Servizos Varios.

• Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado.

No caso de ser nacional de outro Estado, declaración xurada de non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos de acceso ao emprego público.

8.4 De non aportar dita documentación no devandito prazo, ou si da documentación aportada non quedase acreditado que cumpren os requisitos esixidos, decaerán nos seus dereitos, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que poidan incorrer por falsidade nas súas solicitudes.

8.5 Os/As candidatos/as nomeados deberá tomar posesión no prazo de UN (1) MES a partir da publicación do seu nomeamento como persoal laboral fixo, de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Quen non o faga sen causa xustificada será declarado/a en situación de cesante e, consecuentemente, decaído/a no seu dereito a ser nomeado por falta de materialización da toma de posesión no prazo outorgado para o efecto.

NOVENA.- DATOS DE CARÁCTER PERSOAL.

En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación de datos, máis na Lei Orgánica 3/2018 de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase:

Os datos de carácter persoal aportados polas persoas interesadas en participar no proceso selectivo incorpóranse a un rexistro de actividades de tratamento accesible no seguinte enderezo: https://catoira.gal/proteccion-datos/rexistro-actividades-tratamento/.

As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e potabilidade dos datos, segundo o establecido nos artigos 15 a 22 do RXPD e nos artigos 12 a 18 da LOPDGDD a través de:

Exercicio de dereitos en materia de protección de datos persoais

As persoas interesadas autorizan ao Concello de Catoira a proceder ao tratamento dos seus datos nos termos anteriormente descritos así como á publicación dos mesmos nos taboleiros de anuncios, na páxina web do Concello e na sede electrónica, na seguinte dirección:

https://catoira.sedelectronica.gal/info.0

A presentación da documentación necesaria para participar no proceso de selección supón o consentimento expreso para tratar a información nos termos indicados.

 

an.bop.PONTEVEDRA.20221018.2022063151

1824.png

TEMARIO DO PROGRAMA

A) Temas xenéricos:

1. A Constitución de 1978. Principios básicos e estrutura. Dereitos e deberes fundamentais da cidadanía española.

2. Dereitos e Deberes fundamentais dos españois. Garantía e suspensión.

3. O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xerais e análise do seu contido.

4. O Parlamento de Galicia. O Valedor do Pobo.

5. A Xunta de Galicia e o seu Presidente. A Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. O Réxime Local español. O municipio. Concepto e elementos. Competencias e servizos mínimos obrigatorios. O termo municipal. A poboación.

7. O/A Alcalde/sa, o Pleno e a Xunta de Goberno Local. Composición e competencias.

8. Funcionamento dos órganos colexiados locais: réxime de sesións e acordos. As resolución do Presidente da Corporación.

9. O Rexistro de entrada e saída de documentos: requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

10. O persoal ao servizo da administración local. Clases. Réxime Xurídico.

11. Réxime disciplinario do persoal ao servizo da administración local. Situacións administrativas. Incompatibilidades.

12. Nocións sobre o procedemento administrativo. Fases: iniciación, ordenación, instrución e terminación. O silencio administrativo.

13. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Motivación, notificación e publicación.

14. Nocións sobre a revisión dos actos administrativos. Revisión de oficio. Os distintos recursos administrativos.

15. Nocións xerais sobre os Orzamentos municipais e o gasto público local.

B) Temas específicos:

1. Nocións xenéricas sobre as redes sociais máis utilizadas. Uso das mesmas. Mantemento.

2. Nocións xerais sobre ofimática. Equipos informáticos. Conservación e mantemento.

3. Soporte técnico en actividades culturais. Equipos audiovisuais, a súa conservación e mantemento.

4. O correo electrónico, xestión e mantemento. Xestión e actualización da páxina web municipal.

5. A Administración Electrónica: o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos
públicos. A sede electrónica.

Catoira, 10 de outubro de 2022.

O alcalde-presidente. — Asdo. Alberto García García.

 

CONVOCATORIA_DO_PROCESO SELECTIVO

 

 

Top